Tribal XX
TRIBAL XX é o novo espectáculo do gaiteiro e frautista pontevedrés ÓSCAR IBÁÑEZ, co que celebra o 20 aniversario de traxectoria artística coa súa banda de directo ÓSCAR IBÁÑEZ & TRIBO. En TRIBAL XX combina novas creacións con algúns dos temas máis destacados dos seus traballos discográficos. Así pois TRIBAL XX é unha espectacular e enérxica viaxe sonora a través música tradicional galega chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, na que realiza unha mestizaxe musical fresca, moderna e innovadora con predomio da sonoridade celta.