Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Colectivo Zafra en concerto

Mergúllate no fascinante mundo do jazz co grupo «Colectivo Zafra». Este colectivo leva desde a súa creación no ano 2017 cativando a audiencias co seu innovador enfoque do Jazz, tecendo unha rede de melodías cativadoras e ritmos vibrantes.

Hora: 20:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)

Galego

Día Internacional da Música

Festexando o Día Internacional da Música, a cantora galega Rosa Leiro e o pianista arxentino-galego Juan Carlos Cambas presentan no Museo Etnolóxico o seu último disco: “Camiño aberto: Canto libre de Galicia & Latinoamérica”, un espectáculo íntimo baseado na voz e o piano, cun repertorio que inclúe grandes autores e compositores galegos e latinoamericanos, e obras inéditas que ven a luz por primeira vez neste proxecto, con temáticas profundas e reflexivas que transportan a diferentes lugares e momentos.

A entrada é de balde ata completar capacidade.

Galego

Shego

Shego irrumpe neste 2024 coa frescura de sempre, pero con máis seguridade que nunca, presentando os primeiros adiantos do que será o seu segundo disco. A fiesta é a primeira proba diso. Cunha melodía que engancha e non solta dende o primeiro acorde e unha letra que convida a berrar, resulta imposible sair deste tema. Un adianto que deixa o listón moi alto. E isto é só o principio.

Galego

Liana Flores

A cantautora británico-brasileira Liana Flores combina viñetas oníricas do seu mundo íntimo con melancólicas melodías de guitarra nas que perderse, combinando unha gama única e embriagadora de influencias estilísticas que van desde o folk británico e o jazz clásico ata a bossa nova brasileira dos anos 60.

Galego

A lingua somos todos

Música, relato e poesía fúndense nesta proposta para todos os públicos que desenvolven Emilio Rúa e X.C. Caneiro co obxectivo de poñer en valor a potencialidade do galego como elemento de identificación e de unión de toda a cidadanía.

Galego

Ves como sabes?

Espectáculo divertido e participativo para todos os públicos en que Francisco Castro, Verónica Santalices, Federico Welicki e Paulo Silva empregarán a música para transmitir ideas positivas acerca da nosa lingua e cultura e para mostrarlle ao público que sabe moito máis galego do que coida.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto