Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Festival Jaleo!

Nun ambiente tan especial, Jaleo! Será moito máis que un evento musical. Será unha festa da cultura, da comunidade e da creatividade, facendo de Santiago de Compostela o lugar perfecto para inaugurar unha nova temporada festiva, máis próxima, máis vibrante e, sobre todo, máis diversa.

Galego

AÍ VEN O APALPADOR - ESPECIAL NADAL

CHEGA A FESTA DO NADAL COA GRAMOLA GOMINOLA E O SEU NOVO ESPECTÁCULO “AI VÉN O APALPADOR - ESPECIAL NADAL” 

A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo.

A banda está composta por Paco Cerdeira (Pakolas, Zënzar), Paula Romero (De Vacas, banda de Guadi Galego, Coro  Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (S4N7, Nebra, Wealman). 

O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!  

Galego

Odaiko Familiar

​Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e xog​ar co efecto sorpresa son a​s claves deste espectáculo.

Catro son os elementos que definen este concerto didáctico ​e familiar ​que busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e que ​a senda ​da creación continúe ​a medrar.

Galego

Voces de muller

BLACK é un proxecto musical coruñés que reinterpreta grandes éxitos da música negra. No seu formato acústico levan dende 2014 amenizando diversos espazos de toda a comunidade autónoma co seu espectáculo "Un paseo pola música negra".

Galego

Pasos desde o Atlántico

O programa abarca diversos compositores que desenvolven a súa carreira a ambos os lados do Atlántico. A panorámica de obras axuda a comprender as diversas tendencias que conforman a creación musical no cambio de século.
O estadounidense Cerrone foi discípulo de Bresnick en Yale, ao igual que o galego Fernando Buide. Eduardo Soutullo, recentemente galardoado co premio Nacional de Música, pertence á xeración de compositores galegos inmediatamente anterior a Buide.

Galego

SUIT(E)

Suit(e) é un proxecto que pretende facer convivir dúas disciplinas artísticas, a música e a danza, a través da relación escénica entre o violonchelo e unha bailarina, unha simbiose perfecta ao longo da historia. Ideas e emocións expresadas no ritmo, a melodía, a harmonía e a cor da música e na gravidade, a flexibilidade, a velocidade e o xesto do corpo. 

Galego

Dhauphine St. Blues

Prepárate para mergullarte nunha viaxe musical que transcende o tempo e o espazo co último lanzamento de Néstor Pardo .Desde o primeiro acorde, Néstor convídache a explorar os recunchos máis profundos de sualma musical.

A través de interpretacións conmovedoras de clásicos como "A ChangeIs Gonna Come" e "House of the Rising Sun", así como composicións orixinais como"Rory, My Favourite Bird",  guíate nunha viaxe que vai máis aló das notas e acordes, conectando coa esencia mesma da experiencia humana. 

Galego

By the way... Abal&Bellas

A través do uso de instrumentos cunha fonda raíz na música tradicional, gaita e zanfona, Abal&Bellas adquiren unha linguaxe nova que permite explorar diferentes posibilidades tímbricas e sonoras. Este proxecto trata de facer unha aproximación á música contemporánea a través da adaptación de música xa escrita para outras formacións ou instrumentos (Stockhausen, Caldini, etc.), incluíndo estrea de composicións feitas ex profeso para esta formación (Bellas, Feles, etc.).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto