Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Real Filharmonía de Galicia - «The Four Seasons Recomposed» | Ópticas contemporáneas 2024

A Real Filharmonía de Galicia pecha o ciclo Ópticas contemporáneas 2024 da Cidade da Cultura o 16 de novembro cun concerto especial no que interpretará, baixo a dirección de Baldur Brönnimann, a obra The Four Seasons Recomposed, de Max Richter. O famoso compositor británico-alemán reimaxina neste peza As catro estacións de Vivaldi desde unha aproximación minimalista que combina instrumentación clásica e electrónica.

Galego

Lucho RK

Benvidos ao “Quen está aquí? tour”, unha xira para quen non saiba que artista preséntase este ano con máis forza que nunca…. Lucho RK trae moitas sorpresas para esta nova volta a España, na que vai poñer as cartas sobre a mesa para quen o coñecía e para quen non.

Galego

Guadi Galego - Síntese Horizonte

"Será pola roibén que aínda me sinto a salvo" (Antía Otero)

Vou atravesando etapas, dando paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida vivida existiu e persiste en min.

O meu son muda ao longo do traxecto ,como muda o concepto de horizonte ao longo da historia. 

O horizonte foi límite, equilibrio entre o aquí e o máis alá, realidade , ensoñación, espiritualidade, utopía…

Galego

Silforiña (dúo)

Silforiña é o novo espectáculo de Golfiños, un concerto agarimoso e cheo de emocións que combina a música e a narración. A historia de Silforiña é a historia dunha nena que mira a vida a través da súa fiestra. Dende a súa casa, Silforiña, soña coa vida e imaxina a cantidade de emocións e historias que pode atopar fóra:  unha viaxe en barco, mergullar na bágoa dun poema, asustarse co ouvido dun lobo ou mexerse no luar dunha noite máxica. Serán as cantigas dos Golfiños as que axuden a Silforiña a perder o medo e facer o seu propio camiño?

Galego

Concerto de Gloria Pavía e Rafa Morales

Cunha linguaxe propia, o dúo formado pola cantante Gloria Pavía e o baixista Rafa Morales tráenos un repertorio formado principalmente por temas orixinais, arranxados para voz e baixo eléctrico, unha mestura que xera un diálogo entre os instrumentos e que ofrece tanto momentos intimistas como intensos grazas ao xogo de timbres e ás diferenzas na creatividade de cada un. 

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Standstill

Standstill é unha banda española xurdida do ámbito do hardcore punk underground de Barcelona, Cataluña, España, en 1997.
Standstill regresan aos escenarios tras a súa disolución en 2015. É unha das noticias do ano.

Galego

El Chojin

Cun catálogo musical que se iniciou alá por 2007 co himno “Runnin’ Wild”, ata o sensacional ‘Boneshaker’ publicado en 2019, pasando por outros fitos da banda como ‘Non Guts, Non Glory’ ou ‘Breakin’ Outta Hell’, Joel e os seus non deixaron de escribir himnos que manterán vivo o espírito do rock n’ roll para os anos que están por vir.

Galego

Chiara Oliver

Chiara Oliver é unha cantante española de ascendencia inglesa. Con tan só 20 anos, participou en distintos concursos de talento: en 2019 chegou á final de Got Talent España; participou na Voz en 2022 como parte do equipo de Laura Pausini; e finalmente, o seu paso por Operación Triunfo 2023 foi o punto de inflexión que a fixo evolucionar tanto a nivel persoal como musical e que lle permitiu dar inicio á súa carreira profesional.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto