Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Mujeres

Prepárate para mergullarte nun remuíño de rock e enerxía desbordante. Mujeres, a aclamada banda de rock, está lista para levar a súa música aos escenarios de todo o país nunha xira que promete ser inolvidable.

Galego

Lia Kali

Lia Kali é unha das voces máis solicitadas do panorama urban do momento e co seu primeiro disco e xira xa nos deixa claro que calquera etiqueta quédaselle curta.

Galego

The Warning

Preparadas para dominar o mundo en 2024, as tres irmás mexicanas que forman a banda de hard rock The Warning embarcaránse nunha intensa xira europea que inclúe Santiago de Compostela.

Galego

Rebovina Divas Live

DE VACAS ten novo espectáculo.

Visten a escena e sácanlle o po as súas mellores galas para a ocasión.

Flúor, licra e mechas de cores.

Acompañadas dunha iluminación que non ten nada que envexarlle a París, nin a Vigo.

Abren os seus diarios e confesan os seus segredos máis íntimos, rebobinando na historia da infancia cara os momentos máis luminosos. Bailan os éxitos das súas vidas ao ritmo de petaceta co cú sentado nas cadeiras, e potencian a teatralidade, servíndose de novos elementos escenográficos.

Galego

María José Llergo

O novo disco da cordobesa é toda unha declaración de intencións na procura dunha visión artística auténtica que transcenda máis aló do flamenco. A liberdade e a beleza do diferente vertebran unhas temáticas nas que a diversidade e as novas sensibilidades son factores indispensables para alcanzar unha sociedade máis igualitaria e xusta. Un discurso apoderado dende a alegría dunha artista que transita por territorios vangardistas e sinfónicos sen renunciar ás súas raíces nun son único que foxe de clixés e etiquetas

Galego

Músicas y silencios

Músicas e Silencios pretende realizar unha proposta orixinal que acolle varias reivindicacións históricas. Por unha banda, a presentación dun instrumento como o contrabaixo moi pouco utilizado como solista e en música de cámara con piano en concertos e cuxo repertorio se cre moi limitado, e por outro superar a exclusión das mulleres do repertorio de obras para contrabaixo e piano.

Galego

A trompa non só é cousa de elefantes

O CUARTETO DE TROMPAS Catro Cores presenta un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos, onde aprenden e descobren aos poucos a forma e os sons dun instrumento musical: a trompa.
As partes deste instrumento están agochadas no escenario e as instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el.
Finalmente, construirán a trompa e tocarán as cancións e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula a vista e o ouvido, onde a trompa servirá para crear diferentes ambientes e movementos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto