Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Javier Turnes & The Hake Men

Javier Turnes & The Hake Men é a banda de blues do que foi frontman da Bakin’bluesBand.
Músico e profesor de filosofía fascinado pola música norteamericana de raíz, especialmente blues e soul.Javier Turnes rodéase de tres músicos de recoñecido prestixio na escena musical galega e peninsular: Luke Jennings (d), Marino Orejana (b) e Pedro Gregorio (p)

Galego

Niños Mutantes

Último concerto de Niños Mutantes en Galicia, poñendo o punto e final a 30 anos de traxectoria musical. Máis de 1000 concertos, 12 discos e unha colección de cancións inolvidables como “Errante”, “Todo va a cambiar” ou “No puedo más contigo”, que quedarán para a banda sonora das nosas vidas.

Galego

Liberar as arterias

Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse,  foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.

Galego

Gallaecia Small Band

Está integrada por 8 artistas. Seis músicos de gran nome dentro do panorama musical galego (1 saxo, 1 trombón, 1 trompeta, batería, contrabaixo e piano) e dous cantantes. 
Un son explosivo. Unha big band doutros tempos en pequeno formato, con dous cantantes que se adaptan a calquera repertorio. Unha posta en escena en grao sumo elegante. Temas míticos de Frank Sinatra, Glenn Miller, Paul Anka, Renato Carosone, Pérez Prado, temas actuais de Michael Bublé e moitos máis vos levarán no mundo das grandes Big Bands. 
Calidade musical, Elegancia e Distinción do espectáculo.

Galego

Concerto de Martins Aneiros Band

Tras un par de anos de proxecto conxunto sobre os escenarios, a banda xurdida da unión da guitarra de Víctor Aneiros e a voz de Paula Martíns lanza o seu primeiro álbum baixo o título de "RAIN".

O primeiro traballo de estudo da Martíns Aneiros Band é unha viaxe a través do blues, o soul e o rock no que temas como o popular "Blues is my business" de Etta James ou "I can´t do that" do compositor chicagüense Mike Wheeler maxistralmente versioneados e ensamblados con outros orixinais como "Rain", o single que ademais dá nome ao disco, ou "Healthy lifestyle".

Galego

Xisco Feijoó Trío

O grupo está liderado por *Xisco Feijóo (Composicións, arranxos, letras, gaita, percusións, voz e danza tradicionais galegas), aportando un repertorio de temas de orixe tradicional recuperado a través dun intenso traballo de campo de xa máis de trinta anos ao longo de toda a xeografía galega e con letras tiradas das antigas cantigas, ordenadas e aderezadas con novas creacións de autoría propia e cun marcado carácter galego.

Galego

Lulavai - Concerto semiacústico

Lulavai fan soar 4 arpas e 4 voces, interpretando sobre os escenarios temas de composición propia con inspiración na música traicional galega e noutras máis lonxanas. Interpretan tamén temas ao máis puro caracter tradicional, ou arranxos inspirados nas raíces da música galega. Composicións propias e delicados arranxos para o instrumento principal que é a arpa e as voces, e utilizando tamén outros instrumentos de percusión que aportan a variedade tímbrica e o son orixinal de Lulavai.

 

Galego

Agora é o tempo

Especialista nos Beatles,  Francisco Castro lanza o seu primeiro disco titulado AGORA É O TEMPO, no que recolle, dende moitas esferas musicais que van do rock ao funkie, o blues e a balada, as súas inquedanzas e propostas para, dende a música, entender a realidade e cambiala. Música para pensar, para soñar e para bailar.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto