Candlelight: Tributo a Coldplay
Unha experienca única á luz das candeas
Programa Candlelight: Tributo a Coldplay
- Clocks
- Shiver
- Speed of Sound
- Trouble
- Fix You
- Paradise
- Something Just Like This
- Yellow
- My Universe
- The Scientist
- Sky Full of Stars
Unha experienca única á luz das candeas
Programa Candlelight: Tributo a Coldplay
Unha experienca única á luz das candeas
Programa Candlelight: Tributo a Hans Zimmer
Dosis Tour é unha experiencia explosiva que deixará sen alento aos sedentos do frenesí máis duro.
Parkineos, The Whistlers e Amygdala presentan unha experiencia sensorial que foi meticulosamente deseñada para transportar os teus pés e a túa mente a territorios inexplorados por máis de 10 cidades en 2024, a través da música, os visuais e unha narrativa palpitante da cultura electrónica e rave.
Unha experienca única á luz das candeas
Programa Candlelight: As Catro Estaciós de Vivaldi
Dúas mulleres, a compostelá Marta López e a austríaca Maria Danneberg, xúntanse para facer música inglesa do século XVII nun dos órganos emblemáticos da nosa cidade, o órgano da igrexa da Compañía. O programa convida o público a mergullarse no mundo das divisions, grounds e danzas inglesas, combinando o colorido son da viola de gamba coas ricas posibilidades sonoras do órgano para recrear un repertorio extraído de dúas coleccións, o Fitzwilliam Virginal Book e o Manchester Gamba Book.
O conxunto Ars Lusitana, dirixido pola cantante e arpista Maria Bayley, dedica o seu traballo á investigación e recuperación do patrimonio musical portugués.
Belén Aguilera iniciou a súa traxectoria musical aprendendo a tocar o piano de maneira autodidacta, o que lle motivou a subir covers nas súas redes sociais.En 2023, Belén Aguilera comezou unha nueva etapa onde amosou un cambio de imaxe e experimentou un novo son electrónico co que que esta posicionándose como unha das artistas con maior proxección internacional.
Os australianos The Cat Empire regresan cun novo espectáculo co que reividican o impacto dos seus máis de vinte anos de carreira.
Con novos colaboradores e novas cancións, as do novo disco «Where The Angels Fall», pero ofrecendo tamén un longo repaso ao máis destacado da súa traxectoria.
A presentación ao vivo do esperado terceiro álbum de The Rapants xa ten data: a banda muradá dará a coñecer os temas que conforman La máquina del buen rollo o sábado 23 de marzo na Sala Capitol de Compostela.
The Rapants iniciou 2024 coa publicación de Blaster W4u, o primeiro avance das novas creacións que o grupo presentará ao vivo nos seus divertidos e talentosos directos, dos que deron boa conta o pasado verán nos principais eventos de Galicia co seu segundo LP, nomeado O corasón como un after e que inclúe temas como La favorita ou O avión.
El Altar del Holocausto confirma a súa posición como unha das bandas de post-rock instrumental máis recoñecidas de Europa.
Levando a súa particular forma de interpretar a música instrumental a distintos recintos do territorio nacional, a formación salmantina traslada o seu último EP aos directos, evidenciando á volta da música a salas emblemáticas.