Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Capital Voskov

Capital Voskov presentará na Sala Sónar de Santiago de Compostela o seu primer disco de longa duración “Abrir el Juego”, que será o seu punto de partida do “Improvisaremos Tour”, a xira na que asomarán o seu directo en diversos puntos da xeografía galega e española.
Cun equilibrio coidado entre o pop denso, as texturas do indie e a enerxía rock, a banda pretende facerse cun oco propio na escena galega.Para esta ocasión contarán cun artista invitado, que dará a coñecerse nas próximas semanas.
 

Galego

Dios Ke Te Crew

Unha data en vermello no almanaque de lembranzas inesquecibles.
Porque Dios Ke Te Crew celebra como Dios manda.
Coa entrada, recibirás o agasallo dun DISCO-FANZINE de edición EXCLUSIVA, formado por 20 ilustracións de extraordinarios artistas gráficos e 20 remixes de hits de DKTC realizados por 20 excelentes produtores.
Unha peza única conmemorativa do 20 aniversario que recollerás ao acceder á Sala Capitol. Un traballo formidable que combina artes gráficas e musicais no que participaron máis de 40 artistas.

Galego

Ortiga e Pili Pampín

O dúo que non entende de etiquetas presenta o seu disco-Ortiga e Pili Pampín- que é moito máis que música. É costumbrismo, folclore, cultura popular galega. Son repertorios clásicos, actualidade, house, rumba, reguetón… Todo sen perder de vista o principal, que é a conexión co público.

Galego

Koma

Koma foron referentes en canto ao sonido Rock e Metal estatal, cunha creatividade constante, editando discos e xirando sen parar. Clásicos como “Mi jefe”, “El pobre”, “Bienvenidos a degüelto”, “Tío Sam”, “La almohada cervical”, “El sonajero” o “Aquí huele como que han fumao”, por decir unhas poucas, son parte das súas cancións máis sonadas que compoñen a súa sólida discografía.

Galego

Queen Forever Tribute

Despois do seu paso polo talent show Got Talent España, a banda convértese nun referente no mundo dos tributos enchendo recintos. Máis de 600.000 persoas puideron ver do que son capaces Tolo Sanders (Freddie Mercury), Adrián Pujadas (Brian May), Haritz Caperochipi (Roger Taylor), Juanjo Amengual (John Deacon) e Sebastián Raimundo (Spike Edney).

Galego

Quique González

O compositor madrileño ven de presentar mái dunha decena de paradas desta xira que arranca en outubro e que en febrero recalará en Santiago de Compostela. Quique González embárcase nunha extensa xira que conmemora a súa pegada sobre o rock e o pop nacional.

Galego

Pokey LaFarge

Ao longo da súa carreira, con nove álbums publicados, Pokey LaFarge nunca foi alguén que botase a vista atrás con rancor ou desilusión. Así que durante a pandemia aproveitou os repentinos cambios no medio duns tempos difíciles para experimentar o seu período de crecemento persoal máis importante. E cando Pokey está illado e en paz, como entón estaba, o resultado pode ser máxico. Ese resultado é «In The Blossom of Their Shade», o álbum que vén presentar ao Outono Códax.

Galego

La Zowi

Tras tres anos de silencio , La Zowi publicaba a pasada primavera La Reina del Sur, un dos álbums máis esperados da escena, que conta con todo tipo de influencias urbanas e no que podemos atopar o traballo de artistas como Leo RD, Lex Luger, Soto Asa ou Mariahlynn. A partir de outubro, La Zowi convócavos a bailar e gozar os temas principais deste álbum como A 9, Bobo ou Bitch Feka, sen esquecer os hits que marcaron a carreira da mamá do trap español, como Sugarmami ou Smartphone.

Galego

Phil Collins Tribute

Banda creada en Santiago de Compostela por Carlos «Pájaro» Arévalo na dirección e bateria, con músicos de Santiago,Coruña e Vigo,para recrear a música de Phil Collins na súa faceta solista, onde tocan todos os seus éxitos e tamén cun recordo a modo de medley da súa etapa con «Genesis».

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto