Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Banda de Música Municipal de Santiago-Artes Escénicas

As artes escénicas estreitamente ligadas á música como a zarzuela, a ópera ou o ballet, así como o teatro de Lope de Vega serán a inspiración para achegarnos ás táboas do escenario dende unha deliciosa perspectiva musical.

  • Asíns Arbó: LOS MADRILES
  • Richard Wagner: PROCESIÓN DE ELSA Á CATEDRAL
  • Aram Khachaturian: A VIÚVA VALENCIANA (Suite)
  • P.I.Tchaikovsky: FANTASÍA DO “CREBANOCES”

 

Galego

Mondra

Liberdade, sensualidade e afectos. A noite do vindeiro 29 de setembro, venres, a FOLĪA das ARDENTES chega a Compostela dun xeito irrepetible. A Sala Capitol acollerá o directo de presentación do primeiro traballo discográfico de Mondra, un dos nomes máis frescos e prometedores da nova escena musical galega.
Coa presentación ao vivo de ARDĒN o venres 29 de setembro, a Capitol será testemuña dun espectáculo único, coa presentación dos temas inéditos de ARDĒN, danza e visuais sobre a escena e convidadas ben especiais.

Galego

O Gato con Botas

Santiago Arnal e Anna Fernández (Títeres PerPoc), dirección artística e escénicaAlexandra Semenova, debuxos
O Gato con Botas ou Maese Gato é un conto popular europeo compilado en 1695 por Charles Perrault. Conta a historia dun gato que grazas á súa astucia consegue a fortuna e a man dunha princesa para o seu amo, totalmente pobre. Dende a súa publicación, en 1697, no seu libro Contos de antano, que dedicou e regalou á sobriña de Luís XIV, tivo moito éxito.

Galego

Pulcinella e a máscara máxica

Javier Fajardo, directorMalu Balado, guión e dirección artísticaRodrigo Rodríguez, narradorMarta Placer, bailarina
Igor Stravinsky: Pulcinella, Suite para orquestra
Que triste está Pulcinella! Perdeu a súa máscara e non a atopa… Pasou un martes de Entroido de 1572, no día grande de Nápoles, no que estaba convidado a acudir a un baile!

Galego

Espectáculo “Radio Bulebule”

Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos e máis nos gusta. Porque dentro dela todo o universo é música. Vén vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Non perdas a oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas.

No salón de actos. 

Para público familiar.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Morgan

Morgan finaliza «the river circuíto» cunha serie de concertos en distintas cidades entre as que se inclúe Santiago de Compostela.
Morgan é unha banda afincada en Madrid que naceu en 2012 formada actualmente por Carolina de Juan, Paco López, Ekain elorza e David Schulthess.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto