Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Teatro dos vieiros

Xoán Curiel e Charo Pita representan aos traballadores dun teatro. Os espectadores que os acompañan desde as butacas esperan asistir a unha obra. Máis a aparición dun furacán no camiño fae que o actor e actriz que debían protagonizar dita obra non den chegado a tempo! A voz en off que presenta o espectáculo, suxire que os dous traballadores do teatro, boten man do seu inxenio e improvisen o espectáculo para tranquilizar ao público. 

Galego

Airiños da Freba

Airiños da Freba é un sexteto de música tradicional con máis dunha década de historia e cun repertorio orixinal, baseado en recollidas propias e investigacións, co fin de aportar frescura a quen o escoita, pero tamén transmitir a sensación de que aínda queda moito por descubrir do noso inmenso patrimonio musical. 

Galego

Las bodas de Fígaro

Adaptación da man de Rodolfo Albero da ópera "Las bodas de Fígaro", de W. A. Mozart. Unha produción dunha duración de 90 minutos, interpretada por seis voces solistas de primeira fila con acompañamento e unha ambientación costumista con traxes, mobiliario e atrezo.

Galego

Rafa Pons

JOVEN é o seu oitavo traballo discográfico e nel volve incidir nesa maneira particular e mordaz de narrar a cotiandade que forxou a súa traxectoria musical.

Galego

Tributo Sabina de Jimenos Band

O mellor tributo a Sabina dito pola crítica chega a Santiago de Compostela.
Desde 2009 realizaaron máis de 1000 concertos a nivel nacional e internacional, avalados polo mismísimo Sabina.
Formado polos irmáns Jimenos cos mellores músicos do panorama actual.
Un espectáculo 100% en vivo e en directo, repasando a carreira do mestre xienense, e con moito humor.
 

Galego

Caamaño&Ameixeiras

O 22 de outubro, domingo, Caamaño&Ameixeiras presenta QUITAR O AIRE en primicia en Santiago de Compostela. A Sala Capitol acollerá o novo directo do dúo, que vén cargado de sorpresas e de novas sonoridades. Caamaño&Ameixeiras inspíranse na ritoloxía popular galega. Un mundo riquísimo, onde realidade, maxia e relixión conflúen para procurar respostas, para sanar e para celebrar a vida. Un mundo que sitúa no centro á tribo, á comunidade, entendida como unha rede de axuda para salvarse ás unhas ás outras.

Galego

Tina the Rock Show Experience

En ‘The Rock Show Experience’, gozaremos dos mellores hits da raíña do rock cun percorrido por todas as épocas da súa carreira musical, desde Ike Turner & Ikettes con cancións como River Deep Mountain High 1966, A Fool in Love 1960, Whole lotta Love 1979; pasando cunha transición progresiva á parte máis rockeira da artista. Cancións como What´s Love Go to Do With it 1984, Proud Mary 1988, Simply The Best 1991, We Dont Need Another Hero, banda sonora da Película Mad Max Beyond The Thunderdome 1985, soarán ao longo deste conciertazo cargado dunha forza e enerxía imparables.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto