Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Gozar, sentir, bailar

La Quinkillada é a sinerxia entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival con toda a frescura dunha banda nova. A mestura de ritmos latinos coa rumba máis quinki fará que baile todo aquel que se deixe levar polos temas do seu primeiro disco: "Gozar, Sentir, Bailar". Únete e sé un Quinki máis, pídecho o corpo!

Rodri Martínez, Yago Oliveira, Suso PF, Byktor G., Daniel Acuña, Valverde e Rocío forman esta banda que naceu como resposta artística ao encerro en pandemia que nos privou dos directos.

Galego

Anxo Araújo

O compositor e músico pontevedrés Anxo Araújo retrata historias de anhelos e decepcións cun filtro de feliz tristeza para convertelas no eixo imaxinario das dez cancións seleccionadas neste primeiro disco que crece con cada escoita, aproximándose á órbita de traballos imprescindibles do pop galego. Un descubrimento considerable. (MONDOSONORO) Plan de urbanismo para un novo couto mixto é o primeiro traballo de estudo en solitario de Anxo Araújo. Dez fermosas cancións que nos inspiran momentos de cambio, de auto afirmación e de reflexión sobre a relativa importancia das cousas.

Galego

Smile

Smile son orixinarios de Getxo, onde entre onda e onda gravaron o seu primeiro disco Painting the sun one colour, editado en 2007 con dez temas propios, alegres e positivos, con influencias da Costa Oeste 70s. O seu single Happy People empeza a darlles a coñecer a nivel nacional e chegan a compartir escenario con artistas como Wilco, Waterboys ou Sunday Drivers.

Galego

Sarah McCoy

Consolidándose en poucos anos como unha das figuras máis extravagantes da música contemporánea, a cantante e pianista estadounidense Sarah McCoy regresa con GO BLIND , extraído do seu novo álbum HIGH PRIESTESS, previsto para principios de 2023.

Galego

The Nunzia’s

Unha das grandes covers band do espectro rock encargarase de cargarnos as pilas coas mellores versións dos clásicos do rock. Un concerto único que non che podes perder para gozar das versións dos grandes temas do rock and roll. The Nunzia´s aterran no noso escenario, coa súa formación de 5 compoñentes para ofrecernos horas de rock do bo. 

Galego

Santi Campillo Power Trío

Presentación en Formato power trío do novo disco do recoñecido artista murciano Santiago Campillo... acompañado por Oneida James (ex-baixista de Joe Cocker) e Minidrums na batería.

Un dos mellores guitarristas actuais de blues e rock, cun extenso currículum, fundador da banda M-Clan.

O novo álbum en formato CD digipack, leva por título Cadillac Blues. Sen dúbida atopámonos co traballo máis maduro e completo do artista, e cunha das mellores entregas discográficas de blues en español nas últimas décadas.

Galego

Concerto

Bafana Bafana é un grupo de versións que rinde tributo e pon en valor a música lixeira en castelán.Gran parte da tradición pop-rock española e latinoamericana revisionada con rigor, virtuosismo, humor e respeto de 5 músicos de asentados e coñecidos na escena jazzística e da música moderna galega.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto