Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

The Baboon Show

Poucas veces o rock and roll tomou forma de babuino. Só unha de feito. E foi en Suecia, un país pouco dado a estes primates. Desde Estocolmo aparece unha das verdadeiras revelacións do Punk Rock máis irracional e salvaxe. Puro instinto é o que gastan este grupo, nin máis nin menos. A banda, activa desde 2003, non parou desde entón de virar por toda Europa e chegaron ata os remotos confíns de China e á illa de Cuba.

Galego

The Murder Capital

The Murder Capital regresaba aos escenarios o ano pasado actuando en festivais como Primavera Sound, VYV Festival o Solidays, e abrindo para Pearl Jam no British Summer Time. A xira continúa con entradas esgotadas en varias prazas, destacando a súa actuación no Electric Ballroom de Londres.

Galego

Yaeji

Yaeji é una Dj americana de ascendencia coreana de House e Trap que naceu en 1993. Aos 5 anos, a sua familia mudouse a Corea do Sur, onde descubriu o seu amor pola música. Ao seu regreso a Estados Unidos, Yaeji estudiou arte conceptual, estudos de Asia do leste e deseño gráfico. Comezou como Dj coma un simple hobbie, ata que finalmente decidiuse a crear a sua propia música e debutou na radio da súa escola. 

Galego

O mellor e o peor dos 80 e 90

Baixo o lema "O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto" Carta de Ajuste articula un show no que a comedia e a música fusiónanse a partes iguais, buscando a complicidade e interacción do oínte en todo momento e envolvendo aos asistentes nunha festa fóra do común. Facer ao publico protagonista en cada concerto retrata a filosofía desta agrupación musical, que transforma cada actuación nunha paréntese, onde os asistentes conseguen esquecerse das rutinas e preocupacións diarias a través da música.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto