Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Danzamos no verán!!!

Xoán Curiel e A Banda do Verán presentan o seu traballo a trío.

O show é un formato a trío que nace do disco-libro Estamos no verán!!! editado por Galaxia que narra as aventuras duns rapaces que na época estival, atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical. 

Un espectáculo moi completo con danza, música en directo e elementos de teatro que se caracteriza por facilitar a participación constante do público e por contar cuns artistas de sobrada experiencia en proxectos infantís e xuvenís.

Galego

Concerto

Andhrea and the Black Cats é unha banda de blues clásico formada en Santiago de Compostela, composta por Ramón Figueira "Figui" (armónicas), Andhrea Verdú (voz) e Benjamín Vázquez (guitarra). Dende a súa creación veñen interpretando temas do blues máis tradicional aderezados co seu particular estilo. O repertorio de Andhrea & the Black Cats supón un percorrido na historia do blues, unha viaxe na que se traslada ó público a outra época a través das historias narradas no sou momento polos autores máis clásicos cun trasfondo, na maioría dos casos, vixente aínda hoxe en día.

Galego

Home orquestra

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.
Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e desde aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.

Galego

Home orquestra

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.
Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e desde aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.

Galego

Os fíos do querer

Fíos do querer

"Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando FÍOS DO QUERER, resultando envoltorio agarimoso para xogar, cantar e bailar cos nenos de colo".

Estas verbas serven para presentar o traballo en formato de concerto participativo acompañado dun Libro-cd de Cé orquestra pantasma, vintecatro sinxelas e agarimosas cancións para meniños e meniñas de 0 a 3 anos.

Galego

C@nto contigo

C@nto contigo é un espectáculo onde Paco Nogueiras fai un percorido por cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido. Neste GRANDES ÉXITOS hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos.

Galego

Real Filharmonía de Galicia: A cor da memoria

REAL FILHARMONÍA DE GALICIABaldur Brönnimann, directorWu Wei, sheng. Itziar Viloria: Oihartzun gorriak (Ecos vermellos)Co-encarga da RFG e a Euskadiko Orkestra. Estrea absoluta. Huang Ruo: The Colour Yellow for Sheng and Orchestra (A cor amarela para sheng e orquestra)Estrea en EspaÑa. Igor Stravinski: O paxaro de lume, suite (versión 1945)*Coa participación do alumnado da EAEM
 

Galego

Con-certo ritmo

Pepe Piña ,fundador, compoñente e compositor do grupo "Clave de Fado" non seu último proxecto, comeza en solitario tocando en pubs en Santiago. Posteriormente funda "Semen Up" con Alberto Comesaña e varios músicos de Lugo, entre eles Tino López e Jorge del Rio. Máis tarde, en Lugo, con Chiruca, Antón Campelo, Ezequiel Orol, Quique Magán e Javi Castro reflota ou grupo lucense "O Carro", engadindo cancións propias ao mesmo. En Vigo forma con Alfonso Branco e Emilio Huete ou grupo "Triceratops" e despois tamén con Alfonso Branco e con Paco Dicenta e Pablo Carreira forman "Haceros del Norte".

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto