Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Os Bregadiers

Ritmos swing, jazz, rock&roll en todas as rúas a cargo de Os Bregadiers, experimentados músicos galegos nunha formación que leva á rúa músicas doutras latitudes nunca antes escoitadas nas vilas e cidades galegas.

Inspirados nas brass bands, fanfares, bandas gipsy, etc... os Bregadiers son herdeiros desta tradición, cunha calidade musical e artística fóra de toda dúbida.

Galego

Oficio de Camiñantes

Ricardo Llorca convídanos nesta Cantata, obra encargo da S.A.M.I Catedral de Santiago, a profundar no encontro con nós mesmos a través do camiño que se inicia para acadar ese estado de luz e paz interior. Para iso, non só recorreu ao Codex Calixtinus, manuscrito de mediados do século XII, e a homilías dos Papas Francisco e Bieito XVI, senón que tamén incorpora textos recollidos nos diarios de peregrinación da seu familiar Concha Llorca Zaragoza como resultado desa peregrinaxe interior do propio compositor.

Galego

Ginebras

Ginebras é unha banda que formaron entre 2018 e 2019 Magui (galega) á guitarra rítmica e voz principal, Sandra (alacantina) á guitarra solista e coros, Raquel (madrileña) ao baixo, e Yavanna (canaria) á batería. Un cuarteto de mozas con ganas de comerse o mundo que inventaron un universo pop propio con matices de indie e acompañado sempre de cancións autobiográficas interpretadas con moito humor. Entre os seus logros está chamar a atención do Proxecto Demo do FIB, onde foron cuartas, e tamén chegar á semifinal do Mad Cool Talent.

Galego

Sabela Cereijo

Sabela Cereijo é unha cantante e compositora con máis de 15 anos de escenarios ás súas costas. Hai 7 anos cruzouse con Isaac Garabatos (guitarrista, produtor e compositor) e xuntos decidiron emprender unha aventura que se materializou co seu disco Seguindo o xogo.

Un álbum cun son uniforme de banda, que se move entre o Pop, Rock, o Soul e ata o Swing, elegante e coidado, cheo de enerxía e emoción e onde deixa fluír as súas influencias soul.

Galego

Concerto Fin de Temporada Escolanía Catedral de Santiago

A Escolanía da Catedral e o Coro Cardenal Quiroga ofrecen un concerto conxunto, na Igrexa de San Domingos de Bonaval. 
PROGRAMA
CORO CARDENAL QUIROGA
CONFITEBOR TIBI DOMINE (P. Antonio Soler, 1729-1783)
APOSTOLE CHRISTI IACOBE (Cristóbal de Molares, 1500-1553)
GOOD NIGHT, DEAR HEART (2008) (Dan Forrest, 1978)
ROXIÑA, CAL SOL DOURADO (2013) (Antonio Cerviño)
TOURDION (s. XVI) (Anónimo francés)
ESCOLANÍA DA CATEDRAL DE SANTIAGO
DUM PATER FAMILIAS (Códice Calixtino, s. XII)

Galego

Robbie Williams

No marco de O Gozo Festival, Robbie Williams ofrecerá un único concerto en Galicia dentro da xira «XXV TOUR 2023» na que o artista celebra o seus 25 anos de carreira en solitario. Completan o cartel o DJ Martin Garrix, Hombres G e Iván Ferreiro.

Galego

La sombra de Justine

La sombra de Justine é unha banda viguesa-compostelá formada por Suso na produción musical e Vero nas voces. O grupo é autor de temas como Cosa Bella, No me controles ou No me beses en los labios.

Preséntanse como un grupo con estilo fresco e estival de covers de cancións míticas do panorama musical nacional da década dos 80 e 90, pero adaptados á actualidade do son indie dance e do synth pop que está a rexurdir en Europa sen perder a esencia das cancións orixinais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto