Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Rock entre Pedra e Poesía- Escuchando Elefantes e Revólver

O ciclo Rock entre Pedra e Poesía ten como principal obxectivo que a través da música de sempre, resáltese un espazo de incalculable valor patrimonial e cultural. O que se pretende é que o rock, como unha das principais vías de expresión socioculturais do século XX e o patrimonio arquitectónico e cultural do claustro, conjuguen á mesma altura. Ofrecendo así unha experiencia única.

Escuchando Elefantes é un proxecto que nace en Galicia e expándese ao resto do mundo desde 2006.

Galego

Rock entre Pedra e Poesía - Mad Mission e Javier Gurruchaga e La Orquesta Mondragón

O ciclo Rock entre Pedra e Poesía ten como principal obxectivo que a través da música de sempre, resáltese un espazo de incalculable valor patrimonial e cultural. O que se pretende é que o rock, como unha das principais vías de expresión socioculturais do século XX e o patrimonio arquitectónico e cultural do claustro, conjuguen á mesma altura. Ofrecendo así unha experiencia única.

 

Galego

III CATA SONORA

A III Cata Sonora chega ao Museo do Viño de Galicia.

Por terceiro ano consecutivo terá lugar no Museo do Viño de Galicia unha nova edición da “Cata Sonora”, un ciclo de concertos de moi diversos xéneros musicais como o blues, o pop ou o rock, e que contará con artistas tanto nacionais como internacionais que compartirán o seu talento nun recinto incomparable e de gran beleza como o é a terraza exterior do museo. Esta edición celebrarase durante os meses de verán, dende xullo ata setembro, e contará coas seguintes actuacións:

Galego

Silbarda: Cantos de taberna- Foliadas 2023

No inicio de 1991, un grupo de amigos, deciden a creación dun grupo coral, integrado no seu comenzo na Asociación de veciños NOS; son os comenzos dunha entidade adicada á espallar á música no concello da Capela, e tamén na súa comarca.

En 1997, co fin de crear unha entidade que teña como fin principal á cultura en xeral, pero especialmente á musical, nace Airiños da Capela como Asociación.

Actualmente a Asociación conta con tres agrupacións Coral Polifónica Airiños da Capela, Grupo de música tradicional Silbarda, e dúo de corda Duelist

Galego

Mamá Cabra

Mamá Cabra prepara un percorrido polos grandes éxitos do grupo, dende a súa creación ata o presente, dende os primeiros traballos discográficos ata as novidades máis actuais. Unha actuación musical chea de ritmo onde as familias poderán cantar, bailar, e divertirse.  Mamá Cabra é un dos grupos pioneiros da música infantil galega, creado por Gloria Mosquera, educadora infantil e música. Na actualidade contan xa cun puñado de libros e discos editados coa editorial Galaxia, entre outros: Ola, Ola, la, Cartas que veñen e van, Estación Nadal, A bruxa Discordia, Eu cociño, ti cociñas?

Galego

Momboi

Ofrenda (Bungalow Studios, 2019) foi o debut discográfico de Momboi. Tres anos despois, e logo do adianto dos sinxelos ‘Acacias’ e ‘Teresiña’, a banda de Noia publica en 2022 o seu primeiro LP Vacacións en Ornanda (MaySound Producciones), un disco tenro que transita pola beleza dos lugares comúns ao compás de medios tempos e pasaxes melódicas.

Galego

Concerto

A Mekánika Rolling Band é un grupo de animación de rúa, que conta cun escenario móvil autoamplificado, e que incorpora efectos visuais de lume e pirotecnia a parte dun show enérxico, participativo e dinámico. No formato de escenario o show tamén inclúe efectos de lume e pirotecnia.

Conta cunha traxectoria de 15 anos, nos que xiraron por toda a península e parte de Europa, exportando a música galega pola Península e a países como Alemania, Austria, Francia e Italia.

Galego

Bellón Maceiras - Degustación musical

‘Degustación musical’ é un concerto en pequeno formato do dúo BellónMaceiras. Un espectáculo musical novidoso que percorre e explora os timbres e as posibilidades dos instrumentos. Gaitas agudas e graves, bordóns, cambios de tonalidade, rexistros do acordeón... Unha ruta por composicións propias, novos arranxos para pezas tradicionais e algúns dos seus clásicos destes dezasete anos de historia. Unha degustación que percorre Galicia, os Balcáns, América do Sur, Ban gladesh, Bélxica e Xapón!

Galego

Xoán Curiel: Treides comigo!

Xoán Curiel nace en Fonsagrada, na montaña de Lugo, a noite de San Xoán do ano 1975. No 1998 trasládase a Santiago de Compostela, onde desenvolve a súa carreira como actor, músico e cantante. Fórmase en teatro, teatro musical e outras disciplinas escénicas en Santiago, Barcelona e Madrid, namentres vai desenvolvendo a súa carreira como compositor e letrista.

Galego

Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela-Musimetraxes

Musimetraxes é un programa configurado con música de cine, que trae por obxectivo estimular a imaxinación dos oíntes para visualizar fotogramas dos filmes universais máis coñecidos, compostos por John Williams, Nino Rota ou o mesmo Charles Chaplin.
John Williams: THE COWBOYS (obertura)
Marcel Peeters: NINO ROTA FILM MUSIC (selección de BSO de Nino Rota)
Johan de Meij: STAR WARS SAGA (selección de temas da BSO de John Williams)
Marcel Peeters: CHARLES CHAPLIN (selección de BSO de Charles Chaplin)
John Williams: FAR AND AWAY (suite sinfónica)
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto