Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Vaia ritmo!

Co inxenio de Odaiko e co instrumento máis universar e asequible do mundo sae este espectáculo para divertir, interactuar e xermolar un vínculo de expresión a través da búsqueda.

Galego

As cantigas de Elena

As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928), por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.

Elena recordaba multitude de melodías, algunhas delas moi antigas, e as cantaba dun xeito irrepetible. Tras unha sobremesa de cea de noite boa de 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conservaban de Elena non podía permanecer mais tempo no olvido. Así nace o proxecto As Cantigas de Elena.

Galego

Concerto. Homemaxe aos 80 e 90

O dúo é moito máis que un dúo  de versións pop- rock dos anos 80.. É un dúo liderado por Dani Royo acompañado do pianista da súa banda Lucas Llumá, xuntos fan renacer cada unha das cancións que interpretan. Crearon un dúo artístico e técnico perfectamente engraxado e organizado. Son un reloxo funcionando encima dun escenario. Este dúo de versións pop -rock nacional, interpretan un concerto que sobre o papel é interminable e deixa ao público con cara de tocar dez minutos sobre o escenario.

Galego

Isto é Rock! con J.Becerra e C. Rubirosa- Verán no Gaiás 2023

Que é iso que chamamos rock? Onde xurdiu e como foi evolucionando co tempo? Cales foron as artistas e bandas que marcaron un antes e un despois no xénero? A todas estas preguntas reponde Javier Becerra de maneira amena e co acompañamento musical de Carolina Rubirosa, cantante e compositora galega cunha ampla traxectoria tanto en solitario como á fronte da orixinal agrupación compostelá The Funkles. Neste caso non estarán sós, virán CON BANDA.

Galego

Unha viaxe no tempo á Compostela do século XIII

Unha singular experiencia cultural de inmersión histórica na que seguiremos os pasos de San Francisco de Asís á súa chegada a Santiago de Compostela no ano 1214 para coñecer as súas vivencias, así como os detalles e curiosidades do fundación do mosteiro que leva o seu nome.Unha viaxe no tempo que debullará achegas históricas e culturais sobre a figura de San Francisco e a súa época, a través de actividades interpretadas con explicacións contextualizadoras e dunha experiencia gastronómica dinamizada musicalmente na que, cos cinco sentidos, nos trasladaremos aos espazos, sons, arrecendos, sab

Galego

Mediarea

Músicas do País é como un viño novo cargado de personalidade propia pero coa marca da terra que o viu nacer. Esta é a primeira proposta Artística de Mediarea. Este grupo nace do amor pola música patrimonial galega e a responsabilidade de contribuír á súa saúde con afán creativo.

Galego

Tiruleque

O proxecto musical deste grupo coruñés iniciouse como quinteto tradicional que mesturou ás fontes da tradición da música galega, tanto a través de recollidas como recorrendo aos cancioneiros, con outras moitas influencias, procurando unha evolución que ao longo dos anos empurrou o grupo a incorporar distintos instrumentos cos que levar máis alá esa tradición.

Galego

Rage

Rage, lanzaron en setembro do ano pasado un EP chamado «Spreading the Infeste», co devandito traballo Rage alcanza a friorenta cantidade de 25 discos publicados. Ninguén pode negar que é unha das bandas de Metal mais prolíficas, mantendo unha calidade nos seus discos e arrasando cos seus directos por todo o mundo.

Tras pasar uns anos desde a última visita en tour, dos alemáns Rage pola península, volven en setembro a pisar España, ademais da capital portuguesa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto