Atardecer no Gaiás 2023: Parque svr
Parquesvr é unha banda madrileña con (case ao cento por cento) nome de centro comercial de Leganés. Os seus compoñentes non son novos neste anti-business, xa que forman ou formaron parte de proxectos como Sou Edipo, O Páramo, Fario, Persons ou Cascallo. E á fronte deste selecto colectivo atopamos a Javi ferrara, un frontman entre Ignatius Farray e Javier Gurruchaga, ao que amarás ou odiarás, pero nunca esquecerás.