Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Xogamos

Sabemos que o xogo é a maior ferramenta de aprendizaxe que temos… Pois nesta sesión de narración oral é precisamente o que imos facer…. Xogar!!!!

Xogar cos nosos corpos…

Xogar coas nosas voces….

Xogar co noso ritmo…

Xogar entre nós…..

Xogar coa nosa imaxinación…

En definitiva…. Xogar a través dos Contos!!!

Para nenos/as de 0 a 3 anos (20 prazas)

Duración: 35 minutos

Horario: 18:00 h.

Ludoteca

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

Galego

Contos e cantos pequeniños

Que mellor plan para os nosos bebés que un contiño ben contado, un pouco de música e moita alegría.

 

Data e hora: mércores 4 de abril ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil de 0 a 3 anos (cun máximo de dous acompañantes)

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 26 de maio ás 9.00 h.

Galego

Enrique Labarta Pose

Contacontos ilustrado e musicado sobre Enrique Labarta Pose, escritor de Baio moi querido en Pontevedra. Primeiro narraremos a súa biografía adaptada para a cativada, acompañada dunha ilustración e música en directo. A continuación realizaremos, nun obradoiro de debuxo, a caricatura do autor.

Data e hora: venres 25 de abril ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil, a partir de tres anos

Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala

Galego

Zapatos. Caramuxo Teatro

Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa?

Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlle a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cós namorados, có Sol e a Nube, e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.

"Zapatos" narra tódalas historias, que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

Galego

Room the Broom. Contacontos en inglés

Historia dunha meiga amable que coa súa vasoira axuda a diferentes animais do bosque. Contacontos en inglés sobre a diversidade e a inclusión cunha pequena actividade manual relacionada coas emocións, tamén traballarán os valores que se representan no conto.

Duración: 60 minutos.

A partir de 4 anos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade de forma presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445.

 

Galego

O lobo feroz ten gripe

Os preconceptos fan moitas veces xulgar a xente, nesta historia imos ver como ou máis feroz dos lobos ten medo a que un médico o ausculte ou mesmo lle dun pinchaciño de nada para acougar esa gripe.

Duración: 45 minutos.

A partir de 4 anos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade de forma presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445.

Galego

Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas

Actividade baseada na publicación Cantareiras, a poesía popular nas Letras Galegas, da editora Lela Edicións.

Propoñemos contar de xeito adaptado as biografías das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas, facer un gran mural relacionado e cantar as pezas das propias homenaxeadas. Para rematar cada asistente debuxará unha caricatura dunha pandereteira. 

Público familiar a partir de 3 anos

Os e as participantes deberán traer un folio e unha cera de cor para pintar

Lugar: Salón de actos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral