Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Poemas encantados

Celebramos o Día da Poesía co contacontos “Poemas encantados” da man de Servando Barreiro. Coplas tradicionais e poemas para brincar e cantar desde os primeiros anos utilizando a música e a poesía como medios para expresar as nosas emocións e sentimentos.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Serán o que queiran ser

Nun recuncho máxico onde as historias cobran vida, cada semana un grupo de mulleres extraordinarias reúnese para compartir relatos inspiradores que marcaron a historia. Desde a valentía dunha pioneira que loitou polos seus dereitos, ata a sabedoría dunha avoa que ensina ás novas xeracións sobre a forza do amor e a solidariedade.

Galego

A boneca de trapo

Mara e a súa avoa Lola pasan moito tempo xuntas e gozan de ler, escribir e contar diferentes relatos. Un día a Mara regálanlle unha boneca de trapo que se converte no seu agasallo favorito e comeza a pensar en quen podería ser. Falando coa avoa descubre a vida doutras mulleres que cambiaron a historia e isto cambia a visión da nena e o futuro da súa boneca, así como, o dela mesma.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Acuarelas de Entroido

Mergúllate nun mundo de asombro e diversión con este espectáculo que combina a alegría do Entroido coa marabilla da maxia, que sorprenderá a grandes e pequenos con trucos e ilusións sorprendentes e momentos de pura diversión. Desde levitacións ata desaparicións, cada efecto máxico está deseñado para deixar ao público pasmado e cheo de emoción. Ven e vive unha experiencia máxica que fará que o teu corazón latexe ao ritmo do Entroido e na que a risa e a sorpresa son os protagonistas. Non o perdas.

Galego

Contos do mar

Para conmemorar o Día da Narración Oral

Peixes de cores, ondas con cheiros, sirenas pequeniñas, estrelas....

Para nenos/as de 0 a 3 anos (20 prazas)

Duración: 30 minutos

Horario: 18:00 h.

Ludoteca

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

Galego

Unha merenda de conto

A hora da merenda é moito máis divertida se temos unha chea de contos para desfrutar.

 

Data e hora: venres 7 de marzo ás 18.00 h.

Público destinatario: bebés, ata 3 anos, acompañados dun máximo de dous adultos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do día 26 de febreiro ás 9.00 h.

Galego

IN-CERTO

IN-CERTO é un espectáculo de comedia onde Oswaldo Digón mestura o seu estilo decómico de Stand-up coa súa dilatada experiencia como improvisador teatral, contando historias que, en cada espectáculo, van transcorrer de xeito único e irrepetible. Dunha forma diferente facendo que IN-CERTO fala con moito humor e liberdade  da nosa época.

Galego

Orixes

Erupcións volcánicas, impactos de meteoros, grandes dioivos, xigantescos dinosauros, abraiantes criaturas mariñas... Orixes recrea unha natureza salvaxe onde volven á vida seres hoxe desaparecidos, pero tamén descubrimos outros que habitan a Terra desde hai millóns de anos, desde moito antes de que o ser humano pisara o noso planeta.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral