Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Curtis & Teixeiro Investigadores privados

Espectáculo humorístico destes coñecidos actores no que dan vida a dous expertos investigadores Curtis & Teixeiro.

Estes personaxes desvelarán as claves do terrorismo internacional, o programa sexual dos partidos políticos e incluso as gravacións secretas horas antes do golpe de estado do 23 de febreiro de 1981. E, se dá tempo, tamén contarán a verdadeira historia de Noé. Todo desde unha perspectiva cómica e retranqueira.

Galego

Canta o cuco

Arranxos e direción musical: Santi Cribeiro e Uxía

Guillerme Fernandez: guitarra, baixo e programacións

Santi Cribeiro: acordeón e teclado

Magín Blanco: voz e guitarra

Uxía: voz e percusión

 

Galego

Un par de hostias en vinagre

Un par de hostias en vinagre conta a historia de Petra Potemkin e Lola Lee, dúas mulleres desdobladas e unidas polo destino, independentemente da coordenada cósmica na que se encontren. Dúas mulleres que entenden o que é o amor a pesar de ignorar a diferencia entre o certo e o errado.
Un par de hostias en vinagre é un espectáculo cómico, musical e irreverente onde as actrices Sandra Lesta e Paula Sanmartín, combinan o humor acedo co absurdo para reflectir sobre a propia existencia e o fin da humanidade nun universo multiplicado.

Galego

La reina y el bufón

Un espectáculo con música, baile e o máis importante de todo, un volcán en erupción de humor da man deste camaleónico actor-transformista que consegue en cada unha das fotografías que fai co público ao final da función, sexan o puro reflexo da felicidade. Un espectáculo non soamente para gozar co que se ve no escenario, tamén as gargalladas e as inesperadas reaccións do público son dignas de ver. 

Galego

Fantasticks

Adaptación da clásica obra de The Fantasticks de Off Broadway. Cóntase a historia de dous adolescentes que forman parte dunha trama que seus pais levan a cabo, queren casalos, pero saben que se os obigan non o farán. Polo que arman unha trama na que finxen estar enoxados, os rapaces namoran, e logo todo se torce. Todo isto acompañado de boa música e diversión.

Galego

Zugunruhe

ZUGUNRUHE son eses cambios que ó longo da nosa vida quedan na memoria sensorial, física, intelectual e vital.

ZUGUNRUHE é o novo síndrome da sociedade do século 21 na que o cambio e a memoria xogan papeis moi importantes. Eses cambios que ao longo da nosa vida quedan na memoria sensorial,  física, intelectual e vital.

Eses cambios que as novas tecnoloxías non poden recordar... ou si?

Este espectáculo pode sufrir modificacións. Confirmar data e hora nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.

Galego

Sueños de arena

Premio FETEN 2015 pola súa orixinalidade, precisión e musicalidade.

Estamos afeitos ver a arte como algo que perdura no tempo, como unha obra que segue sendo viva logo da morte do artista. Pero o arte tamén pode ser efémero, pode ser arte por un instante, sen necesidade de converterse en perdurable.

Borja González, da compañía Ytuquepintas, presenta un espectáculo multidisciplinario que combina arte con area, circo, música en directo, marionetas de gran formato e pintura rápida.

Galego

The Funamviolistas

Tres mulleres que dedicaron toda a súa vida á música e no momento máis álxido das súas carreiras ven truncados os seus soños e ilusións cando, por motivos inesperados, as tres reciben unha carta de despedimento. Ante a falta de novos proxectos comezan a súa nova andaina como músicos rueiros. Neste novo camiño atópanse e non só descobren que non están soas, senón que achan tamén o espírito de superación que une aos seres humanos ante a adversidade e o verdadeiro valor da amizade.

Galego

Máxico Circus Cabaret

O patrón dun circo no que xa non traballa ninguén debido á escaseza de medios e á crise, verase no deber de parodiar a todos os artistas do show para levantar o espectáculo. Pero, para desconcerto do público, as cousas iranse complicando ao longo do transcurso da representación.

Galego

Balor na acción dunha cadeira

Sinopse: Quen seriamos nós se fosemos quen de recuperar as imaxes que os nosos antergos percibiron e retiveron breves segundos, sen que a memoria conseguira rexistralas?
Cal é a orixe da nosa dinastía interior e profunda?

Balor na acción dunha cadeira é o proceso multidisciplinar de reconstrucción do pensamento de 'O Pernas', un emigrante real que marchou de Sada a Nova York en 1910, perseguindo o cometa Halley e rematou perdido na escuridade da historia durante case 90 anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo