Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Naufraxios na luz a cargo de Gail Langstroth

Un espectáculo onde a música, a voz e o movemento arrolan como as ondas do mar; a palabra poética de Manuel Antonio, na conmemoración do 115 aniversario do seu nacemento.

Naufraxios na Luz propón unha lectura actualizada de Manuel Antonio. Catro poemas dun poeta de abismos e océanos; catro textos dunha vangarda xa case centenaria, onde a navegación do espírito carece de faro e de sextante. Na proposta da euritmista Gail Langstroth, o seu eco regresa para lembrarnos os nosos propios significados.

Galego

O capitán garfo

O prestixioso cociñeiro Aogusto Loureiro amosaranos a súa peculiar forma que ten de cociñar. Mentres tanto, O Capitán Garfo será o encargado de ensinarnos como se alimentan os auténticos Superheroes!

Galego

La Gran Familia

Fadunito é unha compañía especializada nas artes de rúa para todos os públicos. Creouse en outubro do 2003 en mans de Ferran Orobitg Anglarill (FADU) e Ivan Alcoba Piera (Nito).
O exitoso espectáculo La Gran Familia que se estreou no 2005 foi merecedor do premio ARC 2006 outorgado pola Asociación de Representantes de Cataluña, como Mellor espectáculo de teatro de Rúa de 2006.

Galego

Actuación de AldaoLado

Sempre en Ibiza é o título do novo espectáculo poético de María Lado (Cee, 1979) e Lucía Aldao (A Coruña, 1982) escrito desde o exilio, o que as desterrou da torre de marfil. Seguen concibindo o recital como unha festa, así que de novo botan man da poesía como escusa para botar unhas risas, ou do humor como pretexto para compartir os seus poemas. E sempre condimentando o evento con música en directo. O público son elas mesmas, que atenden desde o escenario aos sorrisos e á emoción de quen se achega a acompañalas.

Galego

Lilí Berlín

Espectáculo de cabaré musical posto en marcha por Blanca Cendán e Suso Alonso no seu undécimo aniversario polos escenarios do surrealismo galaico.

Crítica social e política ilustrando as melodías de compositores coma Kurt Weill, Friedrich Höllander, Scott Joplin, John Kander, Norbert Schultze e Kraftwerk entre outros, fan deste espectáculo un referente na escena galega.

Galego

Viva la Zarzuela!

Xorde no ano 1998 por iniciativa da Asociación da Terceira Idade de Cambre, e realiza o seu primeiro concerto no nadal do mesmo ano.
En xuño de 2011, presentou na Coruña, un concerto benéfico a favor da ONG Tierra de hombres titulado Viva La Zarzuela, e motivado ao gran éxito obtido, continúan coa súa representación por distintas localidades.

Interpretan fragmentos de La gran vía, Las leandras, Marina, Luísa Fernanda, La rosa del azafrán… 

Galego

Filosolfando

Luís Igrexas e Xabier Deive soben ao escenario para reflexionar sobre unha cuestión simple, sinxela, en grao sumo mundana, unha cuestión que é tan vulgar que lle sucede a calquera, mesmo a un don ninguén: A existencia! Esa é a cuestión e non outra.
A filosofía proclama iso de que un ser humano "pensa, logo existe", pero,... de verdade facemos unha cousa antes que outra?

Galego

Love room

Miguel é un periodista deportivo, especializado da actualidade do Atlético de Madrid. Está casado, ten un pequeno e a crise dos 40 comeza a chamar á súa porta.

Tras unha accidentada noite, esperta nunha habitación de hotel a carón de...

Marta, enxeñeira de éxito, solteira, sen fillos nin grandes preocupacións vitais. A súa máxima é ver sempre a parte boa da vida e “Sexo en Nova York” é a súa serie de cabeceira. Presume de non terse namorado nunca pois ten claro que non quere sufrir por amor.

Miguel e Marta espertan xuntos, na mesma cama.

Galego

A Historia de Brancaflor

Un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo Premio María Casares Avelino González. A través da maxia e do clown cóntase a lenda de Brancaflor. Os 11 pretendentes de Brancaflor asócianse con cadanseu xogo de maxia e ela terá que seleccionar o seu namorado ao longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos.

Os Sete Magníficos máis Un propoñen un espectáculo de animación á lectura dun xeito distinto: a partir de sinxelos xogos de maxia, do clown, da participación do público e da marabillosa tradición narrativa galega.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo