Espazo de debate
Para reflexionar, opinar e apoiar ou rebater as ideas dos demais. Esta actividade está dirixida a maiores de 14 anos, todos os mércores
Para reflexionar, opinar e apoiar ou rebater as ideas dos demais. Esta actividade está dirixida a maiores de 14 anos, todos os mércores
Trátase de achegarse aos clásicos de maneira amena e divertida. A cargo de Luz Martínez, voluntaria do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Para nenos e nenas de 6 a 8 anos, máximo 10. Precísase inscrición previa. Na primeira sesión adicaranse 10 minutos á presentación da actividade para as nais e pais dos participantes.
O primeiro sábado de cada mes, ás 12 horas, reuniranse un grupo de afeccionados ao debuxo na biblioteca.
A Biblioteca cede un espazo de encontro para a formacion de nais e pais, o intercambio de experiencias sobre a primeira infancia e actividades de estimulacion para os nenos e nenas na procura do fomento da parentalidade positiva.
Para familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Precisase inscricion previa.
A cargo da Asociacion socio-educativa Antonio Gandoy e coordinado por Alicia López Pardo.
Dirixido a todas aquelas persoas adultas que teñen dificultades lectoras, xa sexan permanentes ou transitorias: persoas recén chegadas que aprenden o idioma de acollida, persoas maiores, adultos que se inician na lectura, persoas con discapacidade intelectual, etc.
Precisa inscripción previa, máximo 4 persoas.
Actividade que se realiza en colaboración con ASPAS e Fademga
Selección de libros realizada polo persoal da biblioteca
Selección de libros realizada polo persoal da biblioteca
Selección de libros realizada polo persoal da biblioteca
Selección de libros realizada polo persoal da biblioteca
Diversión en galego asegurada para estas festas de Nadal coa chegada dos corpóreos dos Bolechas, que traerán o seu magnífico R4 e o seu espectacular autobús de dúas plantas, onde se poderán realizar actividades do máis variado: obradoiros de artes plásticas, xogos na ludoteca, visionado das aventuras desta simpática familia na sala de cine...