O galego campa!
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colaboran coa Secretaría Xeral da Igualdade para desenvolver en 22 dos campamentos incluídos na Acción de verán 2019 da Xunta de Galicia dinámicas dirixidas a fomentar o uso do galego por parte dos rapaces e rapazas asistentes, formar o monitorado e fornecelo de recursos para traballar na lingua propia de Galicia.