Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Centenario da inauguración da escultura a Emilia Pardo Bazán

Co motivo do centenario da inauguración da escultura erixida en homenaxe á escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán, nos xardíns de Méndez Núñez, o 15 de outubro de 1916, o sábado día 15 de outubro, ás 12.30 horas, na rúa Cantón Grande, terá lugar a inauguración da exposición "100 anos de historias. O monumento a Emilia Pardo Bazán como pano de fondo. 1916-2016"

Un total de 200 fotografías doadas por particulares e familias coruñesas retratadas ante o monumento situado nos xardíns, mostran a historia da cidade no último século.

Galego

Bibliotecas arredor do mundo

As bibliotecas son máis do que vemos e pensamos. Abranguen séculos de historia da humanidade e foron mudando ao longo dese tempo para adaptarse ás necesidades dos lectores, aos soportes de lectura e aos modos de escritura: dende a pel de animal á tinta electrónica. A mudanza foi tal que hoxe en día as bibliotecas son algo máis que sitios de lectura e préstamos: son auténticos centros de coñecemento, cultura e lecer, non hai máis que achegarse a unha para velo, a que agardades?

Para festexar Día da Biblioteca: exposición e visitas guiadas.

Galego

Visitas Escolares

A BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA iniciará a partir do  2 de novembro   e ata  o 31 de maio de 2017, o seu programa de “Formación de usuarios  e Animación á lectura” aberto a tódolos centros escolares de Pontevedra e a súa provincia.

Galego

Alla scoperta della Sicilia

Imos viaxar! Profundando coñecementos sobre a lingua italiana, achegándonos a unha das súas vinte rexións, á illa máis grande do Mediterráneo, a Sicilia. Os alumnos poderán descubrir curiosidades da illa, a súa historia, literatura, etc., mentres melloran os seus coñecementos da lingua italiana. As actividades propostas baséanse principalmente no método comunicativo. Haberá breves exposicións nocionais seguidas de prácticas dirixidas á realización de pequenos proxectos en grupo cunha posta en común.
Destinatarios: adultos cun nivel mínimo de italiano equivalente a A1. 20 prazas

Galego

Aproximarse á Filosofía

A Biblioteca Pública de Pontevedra dentro do programa de Voluntariado nas Bibliotecas de Galicia da Xunta de Galicia pon en marcha A  NOVA ETAPA DO CURSO DE INICIACIÓN Á FILOSOFÍA a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Catedrático de Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes.

Con este curso queremos seguir fomentando a filosofía desde a Biblioteca e poden inscribirse todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran promover e fomentar o uso do diálogo e da razón.

 

Galego

III Certame de Relato Curto

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o terceiro
certame de relato curto, co obxectivo de fomentar a creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como
canle de difusión de novos valores.

Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 16 anos.

Para mais información consultar as bases do certame.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades