Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Actividades Día da Ilustración 2020 en Santiago de Compostela

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de  Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O protagonista deste 2020 é Cándido Fernández Mazas (1902-1942). Incluído pola crítica no grupo “Os Novos” (con Maruja Mallo, Carlos Maside, Arturo Souto, Manuel Colmeiro e Manuel Torres Martínez), ten influencias do fauvismo, da art decó e, en especial, do pintor Amedeo Modigliani.

 

Galego

Filomena Dato Muruais

Nesta ocasión para lembrar unha grandísima escritora Filomena Dato. Será no Salón Noble da Entidade, o vindeiro 27 de xaneiro; as 20.00 horas cunha mesa na que participarán: Rosa Cid Galante e Fernando Román Alonso. Presenta e modera: Delfín Caseiro.

O acto abrirase e pecharase cunha interpretación musical o piano a cargo de Luis Humberto Cao.

Galego

Filocafé con Manuela Palacios

O primeiro domingo de cada mes (excepto se cadra cunha ponte), desde xaneiro ata maio, o CGAC, en colaboración coa Asociación Galega da Crítica, ofrece novos encontros para filosofar e gozar dun café diante dunha obra de arte.

Os filocafés no CGAC son conversas públicas nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento.

Galego

Filocafé con Beatriz Busto Miramontes

O primeiro domingo de cada mes (excepto se cadra cunha ponte), desde xaneiro ata maio, o CGAC, en colaboración coa Asociación Galega da Crítica, ofrece novos encontros para filosofar e gozar dun café diante dunha obra de arte.

Os filocafés no CGAC son conversas públicas nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento.

Galego

Encontro con Pablo Otero

Co gallo da celebración do Día da Ilustración teremos un encontro co ilustrador Pablo Otero. Unha charla inicial no que o autor achegará a súa experiencia, o que significa para el ilustrar e a Ilustración e un obradoiro de ilustración. O encontro está dirixido a todos os públicos a partir dos 10 anos.

Para asistir é necesaria a inscrición que se pode facer a aprtir do luns anterior á actividade chamando aos teléfonos 988 788385 ou 988 788387.

Galego

CONCURSO DE IDEAS PÚBLICO PARA DOTAR DE NOME Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE OURENSE

A Xunta de Galicia abriu un concurso de ideas para dotar de nome á Biblioteca Pública de Ourense tras a súa apertura na nova sede en San Francisco. Con esta iniciativa búscase coñecer as propostas de denominación por parte da cidadanía e das entidades socioculturais de Ourense e do resto de Galicia. Delas, obterase a denominación que finalmente se propoña para nomear este destacado equipamento cultural.

Galego

Antonia San Juan: Mi Lucha

Mi Lucha é o terceiro espectáculo unipersoal de Antonia San Juan, despois Otras Mujeres y las que Faltaban, no que o público se involucra desde o primeiro instante co personaxe identificando situacións ás que todos e todas podemos enfrontarnos nun momento ou outro da nosa vida: a soidade, o amor, a enfermidade ou a morte.

Galego

Faladoiros Feministas

O ano 2020 trae un novo ciclo de faladoiros feministas a Lugo, con moi boa acollida e que ten como obxectivo a conexión do feminismo coa cidadanía, propoñendo alternativas para situacións derivadas da estrutura social patriarcal, empoderar ás mulleres e loitar contra as violencias machistas.

Galego

Laboratorio de innovación narrativa para ciberactivistas

A oenegué Ecos do Sur, a través do seu programa Ciberespect, desenvolve este laboratorio os martes 04, 11 e 18 de febreiro, especialmente indicado para persoas vinculadas ao mundo da comunicación e das entidades sociais. O programa estrutúrase sobre tres bloques formativos:

· Redes sociais, desinformación e ciberactivismo

- Tecnoloxía da persuasión: uso de Redes Sociais, vixiancia e manipulación.

- Hate Speech: responsables, mecanismos e efectos.

- Estratexias contra o ciberodio e os rumores: acción individual e colectiva.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades