Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Milla e Andaina contra o cancro

Nova edición deste evento deportivo e solidario para público de todas as idades que terá lugar o sábado 8 de Febreiro na cidade de Lugo a partir das 19.00 horas e que se desenvolverá na muralla lucense.

Os participantes da modalidade Milla deberán completar diferentes circuítos en función das súas idades, sendo o de menor distancia o da categoría de pitufos mixta, 250 metros, e o de maior percorrido o correspondente á categoría de substitucións mixtas, 2.000 metros. A andaina, para todas as idades, terá un percorrido de 3,4 quilómetros (1 volta á muralla).

Galego

Nocturna Monumental

Carreira correspondente ao XX Circuito Larsa Corre connosco que se disputará no sábado 18 de Xaneiro na cidade de Lugo. A proba comezará ás 18.00 horas e estará formada por varios circuítos de diferentes distancias que deberán completar os participantes en función das súas idades, sendo o de maior percorrido de 3,8 quilómetros correspondente a categoría de adultos.

Todos os percorridos discorrerán tanto polo interior como polo exterior do recinto amurallado e a súa saída e meta estarán situadas na praza Maior.

A inscrición será gratuíta.

Galego

Visitas guiadas

Queremos que todos os nosos usuarios e usuarias poidan coñecer as novas instalacións da Biblioteca e descubrir as súas novidades dunha maneira amena. Para iso, e tendo en conta que o sábado 11 celebramos o Día dos usuarios e usuarias das Bibliotecas, organizamos varios pases de visitas guiadas a cargo de Tatumpas para o venres 10 en horarios de 17.00 a 20.00 h e o sábado 11 con horarios de 11.00 a 13.30 h.

Esperámosvos!

Galego

Hack a boss

Todos os meses os expertos da compañía coruñesa Hack A Boss acercanse a Fnac A Coruña para divertirse cos nenos a través de divertidos talleres de programación.  Neste caso nos propoñen unha actividade moi interesante para pais e fillos. 

Galego

The English Club

The English Club é un taller mensual de inglés impulsado pola academia coruñesa Do Something School. Este taller de aprendizaxe está dirixido a adultos, a partir de 16 anos. Desde finais do ano pasado convócase unha reunión mensual para comentar un libro que conte cunha versión cinematográfica para montar un faladoiro en inglés que permita mellorar e perfeccionar o nivel dos participantes no faladoiro. En cada reunión elíxese a obra para tratar na seguinte cita.

Galego

Día dos Usuarios e Usuarias das Bibliotecas

O 11 de xaneiro celebramos o Día dos usuarios e usuarias das bibliotecas e temos programadas actividades para que todos vós o celebredes connosco:

- 10.00 h. Sorteo dun ereader entre os usuarios activos maiores de 14 anos que fixeran alomenos un uso do servizo de préstamo a domicilio dende a apertura da Biblioteca nas novas instalacións e ata o  día 9 de xaneiro, sempre que se tratase dun libro, dvd, cds ou xogos.

- 11.00 / 13.30 h. Visitas guiadas á Biblioteca a cargo de Patumpas

Galego

Día do Usuario/a das Bibliotecas

O sábado 11 de xaneiro celebramos o DÍA DO USUARIO/A DAS BIBLIOTECAS

Convidamos a todos os nosos usuarios e usuarias a participar nas actividadas programadas pola Biblioteca para  ese día

NOMEAMENTO DE SOCIAS E SOCIOS DE HONRA

O nomeamento recaerá nas tres persoas usuarias, tanto infantís como adultas, con máis préstamos durante o ano 2019, e suporá que estes usuarios poderán ao longo do ano 2020 levar en préstamo un maior número de obras.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades