Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Gala premios música e poesía aRi[t]mar

Gala de los premios de la MÚSICA y de la POESÍA gallego-portuguesas 2019:
aRi[t]mar galiza e portugal es un proyecto didáctico-cultural, desenvuelto inicialmente por la Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, perteneciente a la Concejalía de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia, que tiene por objetivo divulgarmos la música y la poesía gallego-portuguesa actuales.
O certame consta de catro categorías:
- Mellor tema musical galego
- Mellor tema musical portugués
- Mellor poema galego

Galego

Gala entrega de premios youtubeir@s

No transcurso da gala dos Premios Youtubeir@s faranse públicos as/os gañadoras/es desta edición.
Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, da Deputación da Coruña e das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
+info
 

Galego

A vila do mañá

Cedemos o salón de actos a PØSTarquitectos para a realización desta actividade patrocinada pola Deputación de A Coruña.

A vila do mañá é un proxecto educativo e de divulgación que ten como fin que desde a infancia e a través do xogo se tome conciencia de todas as escalas do común: o Patrimonio tanxible e intanxible, a Arquitectura, o Urbanismo e a paisaxe.

Tómase conciencia da nova visión de Compostela que nos aportan pequenas e pequenos, as e os habitantes do mañá, dotándoos de ferramentas para desenvolver a súa creatividade desde a Arte e a Arquitectura.​

Galego

Debuxa o teu desexo de Nadal

DEBUXA O TEU DESEXO DE NADAL !!!

Se es pequeno e queres deixarnos o teu desexo de Nadal, a Biblioteca ofréceche o seu espazo infantil para que todo aquilo co que soñas poidas facelo realidade.

Trae os teus debuxos e compárteos connosco!!!

Do luns 2 de decembro ao sábado 4 de xaneiro 

 

 

Galego

Andaina e recollida de cogomelos.

O Concello de Nigrán organiza este sábado 23 unha andaina de recollida de cogomelos en Camos que porá fin a programación cultural de outono para iniciar a continuación a de Nadal. Os interesados en participar deben presentarse ás 12:00 horas no parque das antigas escolas infantiles de Balinfra (Camos), dende onde partirá a andaina micolóxica, que ten prevista unha duración aproximada de dúas horas e que contará cun guía educador ambiental. A recollida só se suspenderá en caso de fortes choivas, do contrario realizarase igualmente, por elo se recomenda levar roupa e calzado axeitado.

Galego

Xestión e estratexias para unhas cidades históricas vivas e sustentables

Os principais desafíos de Atlas son protexer a identidade de WHS (World Heritage Sites), ao tempo que melloran os seus activos culturais para estimular o desenvolvemento económico e cultural do patrimonio. O principal resultado serán os planes de sustentabilidade de cada WHS, mediante a implementación dun modelo de xestión e monitoreo integrado e participativo, que xorde da construción común e o intercambio de coñecementos e mellores prácticas.
+info
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades