Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A radio conta

Radio Galega, Radio Marca, Onda Cero, Radio Nacional de España, InterCoruña, Radio Coruña-Cadea Ser, COPE e Radio Voz participan nesta iniciativa solidaria. Poderanse facer donativos no teatro ou ben a través dun número de conta no que se habilitou unha fila cero.

Neste programa participarán os humoristas Xosé Touriñán, Moncho Borrajo; os actores Luís Iglesia e Marita Martínez ou o deseñador Antón Lezcano. A música será obra de Pablo Díaz, Brais Morán e As Tanxugueiras.

Galego

Actividades complementarias da exposición Galaicos: Arqueoloxía dos sentidos.

Taller no que as nenas e os nenos, a través dos sentidos, identificarán unha serie de obxectos que irán descubrindo dentro dunhas caixas de cartón, obxectos que adoitan aparecer nas escavacións arqueolóxicas e que, a través da súa análise, poderán asociar coa vida cotiá de tempos prehistóricos. Con esta actividade preténdese que o alumnado tome conciencia do valor do seu pasado así como transmitir coñecementos da prehistoria de forma lúdica. Tamén se promove o traballo cooperativo e estimúlanse os sentidos e a concentración das nenas e nenos.

 

Galego

Actividades complementarias da exposición Galaicos: O poder das xoias

Taller creativo onde nenas e nenos, entre 6 e 12 anos, descubrirán a importancia histórica, cultural e simbólica das xoias pre e protohistóricas expostas na colección permanente do Museo e na exposición Galaicos, un pobo entre dous mundos. Terminarán realizando unha reproducción dalguna destas xoias de unha forma creativa e lúdica.

 

Número de participantes: 15 por sesión

Executa: Gabinete Didáctico do Museo de Pontevedra

Galego

Actividades complementarias da exposición Galaicos: Un día no tempo dos Galaicos

Dúas actividades de recreación histórica e arqueoloxía experimental ao redor dalgunhas das actividades que formaban parte do día a día da vida das e os galaicos.

 

1- Representación dun poboado

Con esta iniciativa preténdese achegar ao público a vida cotiá das poboacións da Idade do Bronce e do Hierro a través da recreación de escenas con actividades en vivo.

Destinatarios: todos os públicos ata completar aforo.

Datas e horas: xoves 26 de decembro (17h a 19:30h) e venres 27 de decembro (10:30 a 12:30h).

Executa: Asociación Boquique

 

Galego

Actividades complementarias da exposición Galaicos: Modelando coas mans

Modelando coas mans. Cerámica Castrexa: taller participativo para achegarse ao proceso de elaboración da cerámica castrexa desde o modelado á decoración e acabado final.

Destinatarios: nenas e nenos a partir de 7 anos acompañados dunha persoa adulta

Datas: sábados 23 e 30 de novembro e 18 e 25 de xaneiro

Hora: De 10h a 13h

Número de participantes: 20

Executa: Fundación Terra Termarum

Galego

Festa fin de ano 2019

Colectivo Panamera e David Van Bylen amenizarán a última noite do ano entre uvas, cotillón, campanadas e lumes de artificio xa que haberá en torno a 1200 bolsas do anteriormente nomeado cotillón e uns 80kg de uvas para todos aqueles e aquelas que decidan vivir esta experiencia fronte a catedral de Santiago.
23.15 h. David Van Bylen:  Un mixer que ofrecerá unha selección de: pop, rock, indie, electrónica, disco, funk, soul, house, jazz, hip-hop, electro, etc.

Galego

Xuvenlugo

Outro ano máis toda a familia voltará a disfrutar en XuvenLugo con Quío o Esquío e todas as actividades que temos preparadas.

A feira de ocio xuvenil contará con diferentes actividades para os máis novos. O Salón do Ocio Infantil e Xuvenil vai  ter lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo durante boa parte das datas de nadal e cun horario de 16:30 a 20:30.

 

Galego

Día Internacional das Persoas con Discapacidade 2019

Conmemoramos como cada ano, coincidindo co día 3 de decembro ou Día Internacional dás  Persoas con Discapacidade. Rede Museística dá Deputación de Lugo e a Área de Cultura dá Deputación de Lugo, á través do departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade organiza varias actividades en diferentes museos co propósito de colaborador, como solicita a ONU, na mellora dúas dereitos e benestar e desenvolvemento dás persoas con discapacidade en todos vos ámbitos dá sociedade, en concienciar sobre a súa situación en todos vos aspectos dá vida política, social, económica e cultural.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades