Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Visitas guiadas

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ofrece diversas modalidades de visitas guiadas á súa Sala de escultura. Todas elas son gratuítas. Terán unha duración aproximada de 50 minutos. 

- As visitas poden ser individuais ou en familia. Non se precisa reserva.

todos os xoves ás 11:00 e ás 13:00

- Visitas guiadas para colectivos e centros educativos. É necesaria a reserva.

todos os martes, mércores e venres entre as 10:00 e ás 13:00 (a última visita ás 13:00 remata ás 13:50)

Inscricións:

teléfono: 988 788 439

Galego

As historias da música gravada en Galicia

Non perdades a oportunidade de coñecer con máis detalle a mostra da Escola Sinsal que chegou ó Museo Etnolóxico en colaboración co Festival Arteficial.

Esta mostra convida ó público a explorar a historia da música gravada en Galicia a través de oito figuras clave do país, dende o século XVII ata o século XX e ilustradas por artistas do cómic.

Cal era a relación de Emilia Pardo Bazán coa gravación sonora? Foi Labarta Pose o primeiro DJ galego?.

Galego

A Compostela do Reino de Galicia

Desde a súa fundación como santuario no século IX, Santiago de Compostela convertiuse nun importante escenario de representación do poder real, pero tamén da propia idea do Reino de Galicia. Neste roteiro percorreremos localizacións que nos dan conta das pegadas que centos de anos de relación deixaron na cidade, nos seus monumentos e nas súas rúas, dando vida a un universo de memorias que nos levará desde a Alta Idade Media ata o século XX.

Galego

Compostela filmada

Percorrido pola rica vinculación de Compostela co mundo do cinema que ofrece unha visión panorámica das principais rodaxes onde a nosa cidade ten protagonismo. Dirixido a público adulto. Máximo 30 participantes.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.

Galego

Un paseo pola evolución urbana de Ourense

Outro ano máis colaboramos co Festival Atlántica (Festival Internacional de Narración Oral) nesta ocasión cunha actividade para público adulto o rueiro: Un paseo pola evolución urbana de Ourense con José María Eguileta. 

As prazas son limitadas e a inscrición pode facerse dende o luns 24 ás 09.00h chamando ao número de teléfono 988 788385.

El paseo saldrá de la biblioteca a las 11.00h

Galego

Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens.

A través desta exposición inmersiva de realidade virtual, poderase percorrer as estancias da desaparecida Torre de la Parada, e contemplar o grandioso proxecto pictórico que a decoraba, e no que participou, entre outros moitos, P.P. Rubens, coa súa serie de pinturas mitolóxicas inspiradas na obra Metarmorfose de Ovidio, e das que o Museo de Belas Artes da Coruña posúe dous bosquexos.

Galego

Ruta "Educación sen límites"

Do martes 14 ao sábado 25 de maio en horario de apertura do museo, proponse un itinerario autónomo que permite, a través das coleccións do museo, achegarse a algunhas das iniciativas e innovacións que, ao longo da historia da educación en Galicia, permitiron ir transformando un modelo de escola tradicional cheo de exclusións noutro máis integrador.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro