Xincana

Galego
Taxonomy Itriangulo: 

Hip Hop Tour Galician Dance

A cita deportiva consistirá nun circuíto a catro probas, en Narón, Mugardos, Vigo e Marín, do que sairá o gañador ou gañadora. Trátase do primeiro que se celebra en Galicia e está previsto que participen numerosas escolas e clubs de concellos, entre eles Narón, onde hai varias escolas de hip hop?, Ao final das competicións realizarase unha clasificación propia das catro probas a disputar nos concellos indicados e de aí sairán os gañadores deste circuíto do Hip Hop Tour Galician Dance.

Galego

Gladiator Kids

Nova edición da famosa carreira de obstáculos para público familiar en Pontevedra, a Gladiator Kids. Os participantes enfrontaranse a un circuíto con diferentes probas de auga, barro? que poñerán a proba a súa capacidade de superación, sempre adaptado á súa idade para que poidan pasar un intre divertido, acompañados dos seus pais ou familiares, sempre cun carácter lúdico e non competitivo, onde a diversión e gozalo en familia é o máis importante.

Galego

BiblioTECH de Xeolocalización: Mapeo Geocoaching

Co geocaching iremos na procura de tesouros ocultos na nosa cidade, na biblioteca, na natureza...

Dentro do Programa BiblioTECH, da Biblioteca Durán Loriga, poderás formarte nesta aplicación tecnolóxica que logo poderás trasladar para crear o teu propio xogo de orientación e descubrimento. Co geocaching convidámoste a descubrir localizacións das cousas que te propoñas, dentro ou fora da túa cidade, explorando "xunto" a outros usuarios.

Galego

Detectives de misterios na biblioteca

Esta actividade converterá aos/ás participantes en detectives que terán que buscar unha mensaxe oculta pola biblioteca que servirá para resolver un misterio. Para isto realizarán unha visita guiada a sala infantil a través dunha dinámica lúdica e sinalarán nun plano as diferentes zonas que a compoñen. Farán tamén de bibliotecarios/as realizando labores propias destes/as profesionais a través de xogos que lles permitan entender o funcionamento da procura e o préstamo de libros.

Obxectivos:

Descubrir unha mensaxe oculta escondida nos libros da Biblioteca

Galego

Aventuras literarias con nome de muller

Xogo de fuga para visibilizar, coñecer e poñer en valor as obras e autoras da literatura galega. Candados, mensaxes ocultas, caixas, enigmas e quebracabezas de todo tipo para vivir unha verdadeira aventura literaria da man das nosas escritoras e artistas. Agardámoste!

Actividade dirixida a nenas e nenos a partir de 6 anos e para un máximo de 20 participantes. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xincana