Xincana temática - Os sentidos
Divertida xincana polo museo para descubrir unha serie de enigmas. A proba farase con algún dos sentidos anulados (cos ollos ou oídos tapados, sen poder empregar as mans ou as pernas...) como un xeito de sensibilizarse coas persoas con diversidade funcional.
A actividade remata cun interesante obradoiro na que se fai unha obra especial. Ademais, coñecerase a linguaxe de signos e o Braille.