Xincana

Galego
Taxonomy Itriangulo: 

A xincana do Camiño

Descubrir as diferentes etapas da Vía da Prata a través de xogos tradicionais, en familia e nunha divertida xincana. Este é o plan ao aire libre (Bosque de Galicia) que vos propoñemos para a fin de semana do 24 e 25 de abril. 

De 16 a 20 horas, oito familias enfrontarédesvos na recén estreada terceira fase do Bosque de Galicia a divertidos retos que vos permitirán coñecer máis polo miúdo a Vía da Prata,  que transcorre paralela ao monte Gaiás, xa que entra a Compostela polo barrio compostelán de Sar.

Galego

Gran Xogo das Letras Galegas

A cargo de EDUVIA. A través deste divertido xogo por equipos, os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas e os autores e autoras homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra de Antonio Fraguas, o autor homenaxeado este ano. Alumnado dun centro educativo de Santiago de Compostela. Acceso restrinxido.

Galego

Xincana literaria sobre Otero Pedrayo

Actividade ao aire libre para achegar aos nenos e nenas e ás súas familias a unha serie de contidos culturais e históricos relacionados coa vida e obra de Ramón Otero Pedrayo no 130º Aniversario do seu nacemento.

A través de xogos con formato de xincana e xogo dramatizado, os/ as educadores/as caracterizados para esta ocasión serán os encargados de dirixir o desenvolvemento da actividade, propoñendo aos participantes distintos retos, enigmas e probas a superar na xincana, facilitando e garantindo a coherencia narrativa do xogo.

Galego

Xincana Literaria

O obxectivo desta xincana é achegar aos nenos e nenas e ás súas familias, unha serie de contidos culturais e históricos relacionados coa vida e obra de Ramón Otero Pedrayo no 130º Aniversario do seu nacemento. A través de xogos con formato de xincana e xogo dramatizado, os educadores caracterizados para esta ocasión serán os encargados de dirixir o desenvolvemento da actividade, propoñendo aos participantes distintos retos, enigmas e probas a superar na xincana, facilitando e garantindo a coherencia narrativa do xogo.

Galego

Cazadores de libros con Xeitura

Festexamos o Día do libro con Xeitura e Cazadores de Libros. Nesta actividade os participantes converteranse en detectives por un día e buscarán o "libro perdido" seguindo unha serie de probas e pistas.  As probas versarán sobre contidos que atopamos dentro da propia sala da Biblioteca, normas de uso, os fondos ou ata os diferentes soportes... 

Para rapaces de 6 a 10 anos. Prazas limitadas. Inscrición previa dende o luns 16 de abril ás 12 da maña , na propia sala ou no teléfono 988 78 83 95 

Galego

Xincana Irmandades da Fala

Xogo con formato de xincana e xogo dramatizado, dinamizado por educadores caracterizados para a ocasión. Estes personaxes dirixirán o desenvolvemento da actividade e proporán aos participantes os distintos retos, enigmas e probas a superar na xincana.

Propoñemos unha viaxe ao pasado da man dos protagonistas desta época da historia de Galicia, para coñecer en primeira persoa todas as iniciativas culturais xurdidas ao redor das Irmandades da Fala. Dado que se trata dunha xincana familiar, centrarase nas iniciativas creativas e culturais.

Galego

Xincana Valle-Inclán

Xogo con formato de xincana e xogo dramatizado, dinamizado por educadores caracterizados para a ocasión. Estes personaxes dirixirán o desenvolvemento da actividade e proporán aos participantes os distintos retos, enigmas e probas a superar na xincana.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xincana