Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

#PrimaveraXove: Encontros formativos e networking

A biblioteca cede o espazo á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para desenvolver o programa #PrimaveraXove, da Xunta de Galicia, que busca ofrecer espazos seguros, informais, abertos e innovadores para que as persoas mozas poidan desenvolverse persoal e profesionalmente e aprender dun xeito ameno favorecendo a convivencia e o networking.

O terceiro encontro versará sobre educación emocional e contará co seguinte programa:

Galego

#PrimaveraXove: Encontro e networking sobre medio ambiente e sustentabilidade

A biblioteca cede o espazo á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para a realización dos encontros #PrimaveraXove

Os encontros #Primavera Xove da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia buscan ofrecer novos espazos seguros, informais, abertos e innovadores para que as persoas mozas poidan desenvolverse persoal e profesionalmente e aprender dun xeito ameno, favorecendo a convivencia e o networking.

Galego

Conferencia de Jesús Méndez Álvarez - Cedrón: "Caixa Rural Galega: Unha maneira de facer banca no século XXI"

Jesús Méndez Álvarez-Cedrón, director xeral de Caixa Rural Galega e economista, ofrecerá a conferencia "Caixa Rural Galega: Unha maneira de facer banca no século XXI"

Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (“Circo de Artesáns”). Rúa Santo André, número 36 – A CORUÑA

As prazas están limitadas e para asistir é obrigatorio reservar previamente chamando ao número de teléfono: 981-222976

Galego

Festa da Palabra

Trátase da primeira homenaxe de agradecemento ao poeta granadino por escribir estes textos no noso idioma. Durante todo o día sucederanse as actividades literarias e musicais. Ademais, incorporase á Illa dos Poetas unha instalación artística da escultora Soledad Penalta que interpreta, de maneira simbólica, o fondo sentimento e a grande altura literaria de Federico García Lorca, un andaluz universal que amou Galicia, as súas xentes, o seu idioma e a súa cultura.

Galego

XMC: Catro continentes

A obra Thought and Desire inclúe o Soneto 45 de Shakespeare no que reflexiona sobre o pensamento e o desexo como calidades "presentes-ausentes"; como testemuñas dun vínculo coa persoa amada, pero tamén falan da distancia. Linda Catlin Smith escribiu esta obra como regalo dun aniversario de voda, unha canción de amor calma e íntima, que reflexiona sobre a longa convivencia entre dúas persoas e entre eses dous aspectos de nós mesmos: o pensamento e o desexo.

Galego

XMC: Elas fan ópera

A ópera é moito máis que un fenómeno estético daqueles considerados como paradigma da grande arte. É o ámbito de desvelo da verdade, na que o ser humano propón preguntas e busca respostas sobre quen é e cal é o seu lugar nun mundo globalizado e devastado como o actual. Baixo o título Elas fan ópera, proponse un percorrido polas diferentes aportacións que teñen feito a esta arte contemporánea as máis sobresaíntes dramaturgas, compositoras, directoras de escena e cantantes.

Galego

Invisibles e Sonoras. Xornadas de Música Contemporánea

O mes de xuño chega unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea, que este ano levan por título INVISIBLES E SONORAS. Serán un total de tres coloquios e nove concertos cunha programación case completa de obras compostas por mulleres; todas as actividades serán gratuitamente previa retirada de invitacións.

PROGRAMA

Martes 1
Só de arpa
Cristina Montes Mateo, arpa
20:30 h. Sala Mozart - Auditorio de Galicia

Galego

#PrimaveraXove: Encontros formativos e networking

A biblioteca cede o espazo á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para desenvolver o programa #PrimaveraXove, da Xunta de Galicia, que busca ofrecer espazos seguros, informais, abertos e innovadores para que as persoas mozas poidan desenvolverse persoal e profesionalmente e aprender dun xeito ameno favorecendo a convivencia e o networking.

O segundo encontro versará sobre voluntariado e acción social e contará cos seguintes relatores:

Galego

Día das Letras Galegas no Museo Liste

Como celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Xela Arias, o Museo Liste-Etnográfico de Vigo celebra unha ‘Xornada de portas abertas’, con visitas especiais guiadas e a realización de actividades. Entre a programación especial podemos atopar o seguinte:

‘Apañando verbas perdidas’: recollida de vocábulos en desuso.

Actividades para nenos: murais sobre a figura da homenaxeada de Xela Arias.

Entrega de premios dos nosos IX Concurso de Relatos para nenos/as de E.P e E.S.O e do VIII Concurso Fotográfico.

Presentación do catálogo ‘A mesa farta’.

Galego

XI Encontro de Artistas Novos: #EAN11

A Cidade da Cultura de Galicia converterase por undécimo ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais.  Será no XI Encontro de Artistas Novos, #EAN11, que se celebrará do 22 ao 26 de agosto de 2021 na  Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela, coordinado unha edición máis por Rafael Doctor

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso