Fillos adolescentes: pais confundidos
Cada vez máis nais, pais e educadores sentimos incapaces de afrontar os novos desafíos que supón educar aos nosos fillos. O uso do móbil, Internet, os videoxogos, WhatsApp e as redes sociais, o consumo intensivo de alcol e a aparición de novas drogas, supoñen un escenario verdadeiramente incerto e complicado que require unha reflexión profunda como sociedade. A miúdo preguntámonos que teñen na cabeza os nosos fillos e fillas adolescentes cando incorren en diferentes prácticas de risco, pero non menos importante é preguntarnos en que están a fallar familias, Administración e institucións.