Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Humor nas trincheiras

Actividade inscrita dentro do programa do festival WOS INC que se celebra en diferentes lugares emblemáticos de Santiago de Compostela. Trátase dun cartel de luxo formado por Xavi Puig, creador e director de El Mundo Today; El Hematocrítico, creador do blog co mesmo nome, El Hematocrítico de Arte, o Hematocrítico de Cine, Drama en el Portal e unha longa lista de éxitos de masas; Noel Ceballos, experto en cómics de culto, ciencia-ficción, comedias e novas tecnoloxías…; Iago Fernández, periodista e editor de VICE en Madrid; Querido Antonio

Galego

XVI Encontros para a Normalización Lingüística

Contrastarase as distintas evolucións, situacións e perspectivas sociolingüísticas e glotopolíticas das tres linguas cooficiais das respectivas nacionalidades –do catalán (nos seus diversos dominios, pero con foco en Cataluña), do vasco (nos seus distintos dominios, con foco en Euskadi) e do galego (incluíndo as variedades estremeiras)– e unha lingua sen recoñecemento oficial (o asturiano).

Galego

IV Encontro de Artistas Novos

Coordinado por Rafael Doctor, o Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura’ busca favorecer a convivencia entre artistas emerxentes galegos e procedentes doutros lugares, ademais de poñer en contacto aos participantes con outros axentes do sector como críticos, comisarios ou art followers. Unha edición máis, o Encontro trae ao Gaiás artistas e creadores xa consolidados para compartir as súas experiencias e reflexións ao redor da arte: Lois Patiño, Din Matamoro, José Manuel Ballester e Dora García.

Galego

Produción e xestión de exposicións temporais

As exposicións temporais convertéronse nos últimos anos nunha das principais estratexias de programación dos espazos culturais para dinamizar a súa oferta e atraer a públicos diversos, renovando con cada proxecto a razón para que o visitante regrese.

A súa produción e xestión implican unha serie de procesos que se foron protocolizando de xeito paralelo á profesionalización do sector, xerando unha metodoloxía de traballo. A análise desta praxe é o obxecto das xornadas Produción e xestión de exposicións temporais.

Galego

Abades a través da historia

Espazos Sonoros organiza unha xornada de lecer arredor do vizoso patrimonio histórico e natural do contorno do santuario de Abades. A xornada estará organizada en dúas etapas, a primeira delas unha ruta circular que parte de Abades para percorrer diferentes elementos de interese histórico, artístico e natural. Logo do xantar, perocorrase o interesante conxunto relixioso de Abades.

Galego

Ruta polo Camiño Real de San Pedro de Rocas

De paso polo decano dos mosteiros galegos, Espazos Sonoros tamén fai unha aproximación á impresionante contorna natural que o rodea. Seguindo o chamado Camiño Real, esta ruta circular parte de San Pedro de Rocas para discorrer por unha verea que conserva os seus muros laterais e o empedrado onde poden verse as rodeiras dos carros que a transitaban antigamente. Este camiño constituía un eixe estratéxico como vía de comunicación cara ás terras de Aguiar e de Ourense.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso