Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

III Encontro Internacional de cestería no Camiño

Tras o éxito das anteriores edicións, o Museo do Castro de Viladonga organiza un ano máis o Encontro de cestería no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, un lugar idóneo cuxas técnicas de cestería foron e están a ser usadas no tradicional teitado de colmo. Ademais é a entrada en Galicia do Camiño de Santiago polo que peregrinos e público do Conxunto Etnográfico desfrutarán do bo facer das cesteiras e cesteiros, creando así un ambiente multicultural.

Galego

Os temas da arte: Tirando do fío

O Museo inicia no primeiro semestre do ano unha nova edición do ciclo anual "Os temas da arte". Xa iniciado con anterioridade, baixo o título Tirando do fío (2ª parte), atende á evolución dos valores da vestimenta mediante exemplos de obra plástica relevante de cada período; neste ano coa intención de abordar os cambios históricos substanciais e a consecuente evolución dos traxes en Occidente da época decimonónica. 

Impartido por Carolina Munáiz.

Galego

MEMORIA DEMOCRÁTICA, FEMINISTA, LABORAL. Xornadas

O programa comeza coa noción da posmemoria e a súa capacidade para, desde a produción cultural, imbricar as historias traumáticas familiares coa historia de todo un país. Pensamos que é este un concepto útil para o noso contexto, onde as memorias arredor do golpe militar de 1936 adoitan permanecer vívidas a través das xeracións, en tanto que a memoria oficial teima en soterralas, como se o noso presente non estivese atravesado por un doloroso pasado.

Galego

Obradoiro de co-creación

Na sede da Colección Museográfica Viva e Integrada do Campo e a Locomoción Agraria (MUVICLA), en Láncara, vaise celebrar a 1ª Reunión Laboratorio Vivo Good e o 3° Taller Oper 8, organizado desde a USC, unha iniciativa máis dentro da traxectoria deste centro museístico en relación co coidado da terra e do medio no que vivimos.

O programa é o seguinte:

16:00 h: Saída de Lugo (parada autobuses, Sindicatos Ronda da Muralla ou Escola Politécnica Superior) a Muvicla, Láncara

16:30 h: Benvida a MUVICLA

16.30-18.00 h: Visita á finca e ás instalacións do MUVICLA

Galego

X Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro

As fundacións FUNDAMAR e FUNPROMAR organizan as X Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro no marco do programa SEREAS “as mulleres do mar”, ao servizo da divulgación e visibilización da muller no sector mar-industria. O obxectivo da xornada, será homenaxear, como todos os anos, ás novas protagonistas que formarán parte do repositorio SEREAS, grazas a colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. As xornadas terán lugar o xoves 24 de outubro ás 12:00h, no Museo Verbum de Vigo.

Galego

CURSO "OS TEMAS DA ARTE"

Novo curso do ciclo "Os temas da arte": Deuses e heroes da mitoloxía clásica, unha temática na que con afán divulgativo, pero rigoroso, se estudará que son os mitos e a forma particularmente rica que lle deron os gregos, única entre as mitoloxías dos pobos indoeuropeos.

A súa explicación transportaranos nunha viaxe polas palabras, as Belas Artes e a Literatura do mundo occidental, con atención a Galicia e especialmente á Coruña, cos seus museos e paisaxe urbana.

Datas: Martes, do 8 de outubro ao 17 de decembro de 2024 (agás o 3 de decembro).

Horario: 18:00 a 19:00 h

Galego

Toponimízate 2024

Nova edición do programa de promoción da lingua galega Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso