Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Asacocirco Show

  MIRIAM CRESPO GÓMEZ

  Clown, Malabarista ,Actriz

                                               

JOAO ALVIM E ARAÚJO 

Malabarista ,Actor, Acrobata. 

       A Cía. ASACOCIRCO transforma calquera espazo nun pequeno gran novo circo, onde a risa, o risco e a espectacularidade están garantidas en todas as súas actuacións, conseguindo deste xeito que o público de todas as idades o pase en grande.

Galego

Lémbrame un soño

Catro mulleres, Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto femenino onde o protagonismo das arpas e o son doce das suas voces dan vida a un estilo propio e único, chamado Lulavai. 

Actividade dentro da programación de Cultura no Camiño.

Galego

Monólogo de Petróleo

Luis explica as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Farto da vida, da crise, de non ligar e sobre todo de todos este papeis de chungo… pódese afirmar que na súa carreira como actor perségueo o chunguismo, sen dúbida ningunha.

Esta progamación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas onde se celebra.

Galego

Luis Emilio Batallán González

Luís Emilio Batallán é un cantautor cunha longa e recoñecida traxectoria, con máis de 40 anos de música en galego.

A súa oferta musical complementa voz con guitarra, ofrecendo chans acústicos nos que inclúe cancións do seu novo disco "Había que chegar". Composicións propias e poemas musicalizados como grandes éxitos: "Aí vén ou maio", "Quen poidera namorala" ou "Esperarei".

Galego

Lucía Pérez

Continuando coa súa actividade artística, Lucía Pérez ofrece agora outra modalidade diferente en canto ás súas presentacións cara ao público refírese.

Trátase dun concerto totalmente acústico dunha hora de duración no que se presentan as cancións acompañadas soamente por guitarra, percusión, harmónica e outros pequenos instrumentos deixando ás voces un protagonismo que noutro tipo de formato non teñen.

Galego

A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna

Manuel de Paderna é un home que posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra que fai parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes ou curar as persoas. Hai quen di que mesmo os paxaros suspendían os seus voos e ficaban inmóbiles no aire para aprenderen o seu canto e melodía... Manuel de Paderne é algo poeta, tamén traballa de barbeiro e de alguacil municipal. A partir dos textos de Manuel María construímos unha viaxe divertida e curiosa a través de varias historias que lle acontecen a este máxico personaxe

Galego

Concerto de Los Mecánicos

Fernando Esclusa (Guru Deva), Fran Castro (ex Strauss, Mr. Dixie Jazz Band) e Fernando Lamas (Lovely Lúa, Mr Dixie Jazz Band) proxectaron as súas obsesións musicais cara á década dos sesenta. Estes mozos e xa veteranos músicos  xuntáronse co san obxectivo de reverenciar tan inmenso legado do pop-rock anglosaxón de formacións tan extraordinarias como The Beatles, The Kinks ou Small Faces que se mesturarán de maneira explosiva co variado cocktail de artistas tan estrañados do rock hispano como Os Salvaxes, Os Bravos, Fórmula V ou Os Brincos.

Galego

Lorena Lores

A cantante e compositora Lorena Lores xunto á súa banda, recrean aqueles glamurosos salóns da Habana dos anos cincuenta.
Con proxeccións de época como escenografía, realizan un percorrido polos clásicos do bolero, do son e do chachachá, creando un cálido clima que convida o público a cantar, bailar e divertirse. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño