A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Sobre a figura dun adestrador de natación con alumnos infantís, recae a sospeita, manifestada polos pais dos rapaces, de que puidera tratarse dun pederasta.
A sospeita, medra pouco a pouco e alimenta o medo, esa sombra negra que, ao que parece, xa se converteu en presenza inevitable na nosa sociedade.
Un novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico e baseado na música tradicional.
Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escea musical galega, o violino de Quim Farinha , o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García . Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes.
O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea.
Grupo de recente creación formado por Xiana Lastra (voz), Juan Collazo(percusión) e Roberto Rama (saxo) que sacará á rúa no mes de maio o seu primeiro traballo discográfico: "A lúa prendeu a luz"
Despois de varios anos participando doutros proxectos musicais como Odaiko, Fía na Roca, Os d'Abaixo ou O meu primeiro Celso Emilio e A miña primeira Rosalía, a nosa amizade empurrounos á aventura de tocar os tres xuntos e así naceu Puntada sen fío.
É un espectáculo de marionetas con dous actores manipuladores. Este dúo de actores, que saben como enleala enriba dun escenario, presentan números de carácter circense e cabareteiro.
Unha obra que recorda os circos ambulantes que viaxaban de vila en vila amosando os seus emocionantes trucos, cargados de humor e de interacción co público.
Este espectáculo forma parte da programación Cultura no Camiño 2015, que leva funcións teatrais, musicais, de danza, maxia e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.
O actor Josito Porto fala daquelas cousas que sempre estiveron presentes e nunca antes nos decatamos delas. Moitos "porques" van deixar de representar unha dúbida para os seres humanos. a partires de xA a humanidade vivirá moito máis tranquila.
Dous músicos metidos a cociñeiros … deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público.
Un pequeno erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos, na que atoparemos tropezóns como o gato do romance, unha ratiña moi presumida e todos os seus pretendentes, os habitantes dun galiñeiro moi particular e ata unha parella moi especial.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
O músico e cantautor Emilio Rúa e as cantareiras e pandereteiras Xestreu únense nun proxecto común e compartido. Trátase da unión de dous tipos de música: a canción de autor ou moderna coa canción popular ou tradicional.
Este proxecto está formado por unha escolma de cancións populares da música galega e outras partes do mundo e mediante unha nova revisión das mesmas, son unha aportación para a súa divulgación ante o público, pero sobre todo para acercar ás novas xeracións á nosa música.
Roi Sixto é un malabarista ferrolán que representa a nova xeración de artistas de rúa e de novo circo que emerxeu en Galicia nos últimos anos e que, pouco a pouco, están a conquistar as prazas e teatros galegos.
No seu divertido espectáculo Roi, O Cagabolas, dirixido a todo tipo de públicos, crea unha personaxe imaxinaria da cal xorden infinidade de aparellos cos cales facer malabares, ofrecendo unha hora de espectaculares xogos.
Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego e gran virtuoso na arpa céltica, a zanfona e o bouzouki. Formado co mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, formou parte de Milladoiro, a formación máis internacional da música galega.
Na actualidade, Roi Casal está considerado unha das principais referencias musicais da música galega. O seu estilo é moderno e contemporáneo, combinado cos aportes da terra da que é orixinario. Trátase dun dos grandes expoñentes da música do estado español.