A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
SIMBAD retirouse do mar vendo a imposibilidade de seguir vivindo da pesca. Leva tempo pensando que facer e realizando no seu taller maquetas de barcos onde bota de menos o mar.
VENADITA, a súa veciña e amiga, é unha mariscadora que sae ao mar todos os días e tenta convencelo sen éxito.É unha muller disposta, forte e que non pensa renegar do seu medio de vida. A pesar da súa insistencia non conseguiu convencer ao seu veciño e amigo SIMBAD.
Cenizas Tour é un espectáculo que mestura a forza e enerxía do directo dunha banda musical con elementos teatrais para crear un concerto diferente, un espectáculo persoal.
A danza, o teatro, os elementos escenográficos e a iluminación son aspectos cos que se xoga na creación do espectáculo para xuntar diferentes disciplinas artísticas e mesturalas sobre as táboas creando un xogo multidisciplinar que é absolutamente atractivo para o espectador. Un espectáculo para escoitar pero tamén para mirar.
A partires do poema de Manuel María "Os peixes do Miño", contamos, debuxamos e musicamos unha historia onde haberá: aventuras ,perigos, medos a perda de inspiración, amor e moito Manuel María.
Esta actividade está baseada no libro "O poeta do Miño" Edicións do Cumio 2015, da que somos autores.
Os monifates son un dúo cunha ampla experiencia musical, formado por un músico e un artesán de instrumentos tradicionais que se encarga da confección dos instrumentos utilizados nas actuacións. Nacen cunha filosofía de transmitir un son diverso e dinámico.
Sspectáculos do compositor Pontevedrés Adrian Saavedra. Rock.- " rock band show" , folk .- Odaiko & batuko tabanko, música lixeira " A verbena do baile".
Espectáculos para banda de música e agrupacións convidadas.
Nadanamanga é un espectáculo máxico para xente que desexa pasar unha hora feliz e sorprendente.
Maxia gamberra para nenos de todalas edades, para adultos, para os que non o son, humor con participación do público, moitas risas, sorpresas e ilusión dende o primeiro momento, maxia de festa para todos.
45 risas por minuto é un espectáculo no que o público Participa activamente de forma natural..
A saída de escena dun pallaso diferente, acompañado por unha guitarra coa que pretende dar un concerto. A sucesión de gags, ao final, fai que sexa un Desconcerto.
A posta en escena con decorados, luces son, e un bo equipo de son, o espectáculo está baseado na participación e improvisación, cos espectadores como protagonistas.
"Momentos Asombrosos" está cheo de intres fascinantes:
Como facer maxia nunha mudanza?,
a verdade oculta do Principio de Acción e Reacción,
o poder máxico da lectura,
ou como estar á moda co que xa teñamos pola casa.....
son só algunhas das moitas aparicións de ilusións e humor deste espectáculo...con comicidade, fondo musical e participación dos espectadores....e as manipulacións de cartas, cordas, mentalismo,etc., e un fío conductor cheo de "Momentos de Asombro"
Xornais que cobrar vida, cordas sorprendentes, froitas, cartas e moito máis, xeran a trama dun acto cheo de gags visuais, diálogos apegados ó sorriso e prestidixitacións sorprendentes.
"Maxia a Pé de Rúa" é un espectáculo de ilusionismo, humor e participación dos espectadores, composto a nivel do chan.