Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Jiñol

Rosalia, Jiñol, o Sr. Bulú e o Policia ven alterada a sua vida pola inesperada chegada dun paquete que contén nada máis y nada menos que ... ¡un cocodrilo!
Este é o principio dunha historia dinámica e divertida, contada con títeres de luva, na que as distintas situacións da obra xiran entorno ao comportamento que os títeres teñen co intruso.
A evolución deste conto desemboca nun inesperado final.

 

Galego

Uxía lambona e a banda molona

Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, dende A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”,…pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nenos e nenas presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!

 

Galego

Vaamonde, Lamas e Romero en concerto

O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives. 

 

Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto, que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.

 

Galego

Moulin Rouge

Un muiño móbil e diferentes personaxes saídos do mundo do cabaret (xigantes, bailarinas, malabaristas...) percorrerán e dinamizarán as rúas da vila interactuando con todos os presentes ó ritmo do "French Can Can". Neste espectáculo haberá bailes, temas cantados en directo, malabares...

Galego

Vaamonde, Lamas e Romero

O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives. 

 

Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto, que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor.

 

Galego

Lume

Conta a lenda que cando o ceo está limpo, cando a choiva non molla, e a xente sae á rúa a disfrutar da noite,… uns diabólicos trasnos, meigas, diaños e mortos vivintes, ascenden do mais profundo do inferno para saltar, gritar e queimar a todas as pobres almas que por alí asomen. Din tamén que, ó chegar ó fin da noite, terminan o seu diabólico percorrido queimando e mandando ó infierno ó peor dos pesadelos do pobo"

Neste pasarrúas, diferentes personaxes saídos do infierno, entre eles o fillo  do Demo, percorrerán as principais rúas da cidade ó ritmo que marcan os tambores.

Galego

Errantes

En noites de lúa nova, a cidade tórnase escura…, orcos, trolls e alimañas…, seres saídos da máis profunda escuridade dos tempos, envolvéndonos no seu delirio e facéndonos partícipes da súa tolemia, lévannos a unha peregrinación eterna transportando no seu carro a maior das súas demencias: O ORLOK

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño