Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Concerto de Riobó

Riobó é o nome do grupo de Begoña, e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe.

Cada concerto convírtese nunha mostra de sensacións, onde conviven as raíces culturais máis puras con formulas interpretativas actuais.

No 2015 Riobó presenta o seu segundo traballo "Quiral".

Galego

Roedores

Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer ao temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo... Todos son Roedores.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Historias da Maletra

O 'O' está agochada detrás do 'Q', os 'R' andan a rir e rir cos 'I' mentres o 'C' e o 'G' axudan o 'H' a facer barullo...

Todas as letras xuntiñas viaxan e xogan dentro da Maleta. E cando se abre para coller as cousas todas as letras saen para fóra bailando e formando palabras que xogan á roda e contan fermosas historias.

Historias que levan moito tempo andando polo mundo, de boca en boca, de soño a soño.

Esta actuación forma parte de Cultura no Camiño, que leva teatro, música, danza e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.

Galego

Concerto de Radio Cos

Radio Cos, uns pandereteiros de sona que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.
Xurxo Fernández e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos sacados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.

 

 

Galego

Nanomaxias

Nanomaxias é un espectáculo de maxia de salón absolutamente sorprendente que se adapta a todo tipo de espazos abertos ou pechados e está orientado a un público familiar.

A diversión e a comedia estarán presentes acompañando aos visuais e sorprendentes efectos realizados por Román García, 1º Premio Nacional de Maxia.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Laberinto de ilusións 2.0

Laberinto de ilusións é un espectáculo de maxia que atrapa de principio a fin. Neste laberinto a maxia está acompañada de disparatadas e cómicas historias nas que participa permanentemente o público. Ilusión, maxia e diversión para toda a familia. Cando todo remate ninguén quererá saír deste labirinto de ilusións...

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Up 2 Down

Up 2 Down, é un espectáculo de danza-circo, xesto e poesía visual.
Unha historia composta por dúas bailarinas, dous cables de funambulismo, dirixidas por un pallaso.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Un día no circo

Desenvolvemento: O obradoiro desenvolverase durante 2 ou 3 horas. Impartiránse tres disciplinas principais: acrobacia, malabares e clown, cun máximo de 12 alumnos por disciplina. Cada grupo de alumnos, irá rotando por cada unha das disciplinas para que así todos podan iniciarse nas mesmas.
Obxetivos:
- Dar a coñecer entre os máis cativos esta nova arte en Galicia.
- Mellorar as habilidades psicomotrices do neno.
- Mellorar a súa relación física tanto con eles mesmos coma cos seus compañeiros.

Galego

Totum Revolutum

Totum Revolutum é unha disparatada viaxe a través das diferentes modalidades de circo, desde os clásicos aos contemporáneos pasando polos rexistros máis de rúa e participativos.
Todo comeza coma un show máis de rúa... pero uns problemas técnicos obrigarán ás nosas personaxes a desenvolverse noutros rexistros dando lugar a unha mostra única de novo circo contemporáneo de rúa e das técnicas acrobáticas.

 

 

 

Galego

Residuo

Residuo é un espectáculo didáctico e pedagóxico para todos os públicos que mestura, circo e humor co obxecto de crear unha conciencia social ao redor do tratamento sostible do lixo .
Manuel Trasmontes, un dos varredores máis experimentados na recollida selectiva de basura de toda a Galaecia, ten un novo compañeiro chamado Kote Dj, un rapaz que só pensa na música e nas festas.

 

Esta programación, que forma parte das actividades de Cultura no Camiño, pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño