Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Un tonto no aire

Girisho Gordon é un artista de circo británico, que leva varios anos afincado en Galicia. Graduado na escola de Londres e tras amosar os seus espectáculos aéreos por toda Europa e nas Olimpíadas de Doha, presenta o seu novo espectáculo Un tonto no aire. Trátase dunha peza de circo para toda a familia con moito humor, habilidade e enerxía.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Luppo

Sinopse: Luppo é un home maior que vive só e todos os días ás 12 en punto da mañá acende o seu gramófono para escoitar ópera, todos os días a mesma canción. Luppo ten un amigo, Tulún, un neno de 5 anos que todos os días ás 12 da mañá vaino visitar e lévalle pan, leite e o seu xornal. Luppo cóntalle historias fascinantes da súa vida, segredos que agocha no seu gramófono…Un día Tulún chega a casa de Luppo e este non está. Luppo fala do que botamos en falta a un ser querido cando emprende a súa última viaxe e a sorte que se ten por os ter coñecido.

Galego

Vellos, vellas e outras lerias

As historias deses avós e avoas sempre presentes, coa palabra preparada para saír en calquera momento pola boca, con contos para pacientes, para impacientes, para o demo, para tremer de medo, para o mal tempo boa cara e para amarse e durmir quentiños.

 

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Titirishow

A música de Caramuxo Vermello pódese recoñecer por ter unha sonoridade novidosa e un estilo progresivo caracterizado por ritmos arriscados, melodías evocadoras e letras poéticas con pinceladas de humor, ao que lle chaman R&F (Rithm & Free).

 

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

STRPTS: Mirlo & Rula

Un home silencioso (Mirlo) e unha muller soñadora (Rula) cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e impregnado de corrupción política.

 

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Rodarirrodari

Rodarirrodari é un espectáculo de narración oral, con acompañamento musical, no que se emprega o conto tradicional, a tradición dos contos de Gianni Rodari, e os monicreques para, partindo da domesticación dun animal como o burro, chegar ao uso ou abuso das novas tecnoloxías.

O tranvía de Marín, baseado na descrición humorística que fixo Castelao, servirá como medio de transporte do espectáculo.

Este espectáculo forma parte da programación Cultura no Camiño, que leva música, teatro, danza e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.

Galego

Rei, Rei?

O vagabundo Fuco Rei atópase na rúa cun forasteiro que vai tras o seu chapeu. O forasteiro, para poder perseguilo máis comodamente, deixa a súa maleta chea de diñeiro ao coidado de Fuco. Todo vai ben ata que Fuco é acusado inxustamente de roubar os cartos e acaba en prisión.

 

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Que é o que preciso?

Comedia de enredo, romántica, aderezada cun pouco de vinagre real, unhas pingas de tenrura, unha areas de clown, con salsa de humor, unhas gotiñas de sorrisos e todo misturado con moito amor.

Pódese tomar frio ou quente, moi nutritiva e dixestiva.

 

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Picadillo circus

O espectáculo está enfocado para público familiar, cheo de ritmo, música e humor. As distintas disciplinas que se inclúen dentro do espectáculo son: zancudo, clown, mimo, maxia animada, monicreques, teatro na rúa, música ao vivo,...

 

Esta actuación forma parte de Cultura no Camiño, que leva música, teatro, novo circo e danza por concellos onde discorren as rutas xacobeas.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

David Regueiro Swingtet en concerto

David Regueiro é un músico versátil. É un habitual dos festivais de jazz galegos mira cara ao jazz manouche sen complexos, cunha formación moi seria que chamou Swingtet.

O guitarrista vigués ten experiencia e desenvoltura para "swinguear" ao Django e conseguir ao mesmo tempo que a súa música soe eficazmente moderna destacando a seu Swingtet.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño