Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Queimada folk

Unha gaita presenta a historia sobre o rito da queimada desde a simboloxía e as crenzas populares. Unha voz en off narra o que se anda a ver para que sexa facilmente comprensible.
Aparecen as meigas e interaccionan co público (coa discreción necesaria).
Por último o Druída é quen manterá a raia ás forzas do mal grazas á súa frauta, para poder conxurar e cociñar este brebaxe máxico, co que se invita aos presentes.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

 

Galego

Pizpireta e o seu baúl

Pizpireta é unha gran contadora de contos e sempre vai acompañada do seu gran baúl máxico, só coa axuda dos máis pequenos conseguirá abrilo para que poidan saír todas as historias.

Trátase de historias interactivas acompañadas dos diferente elementos que Pizpireta vai sacando do seu baúl a modo de monicreques, complementos para caracterizar aos nenos e nenas de personaxes de conto e algún que outro elemento máxico.

Este espectáculo forma parte de Cultura no Camiño.

Galego

Nelson Quinteiro en concerto

Nelson Quinteiro presenta o disco "Orquesta Gharbo!" cunha nova formación en SEXTETO na que ademais de Álex Lorenzo (guitarra, pedais, coros) e Ólivier Cano (traveseira, saxo), o músico cangués farase acompañar do Trío Caspervek formado por Brais González Pérez (Piano) Eduards Vecbaštiks (Violín) Blas Castañer Ibáñez (Percusión).
O resultado desta xuntanza,  é un son envolvente e delicado que empaca os temas de Nelson Quinteiro dun xeito novo e moi interesante.

Galego

Very very big international magic show

O patrón dun circo no que xa non traballa ninguén vese obrigado a disfrazarse de diferentes artistas para non ter que pechar o seu negocio. Parodiando a diferentes personaxes intentará levantar o espectáculo, pero durante o transcurso do show as cousas complicaránse.
Ilusionimo teatral con comedia, maxia musical, manipulación de cartas, malabarismo, clown, mentalismo, hipnose, etc.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Milladoiro

Dende Maelock é percorrido polas composicións máis lendarias do grupo Milladoiro dende as súas orixes ata hoxe. Unha homenaxe á longa traxectoria do grupo folk galego por excelencia.

Este concerto forma parte de Cultura no Camiño, programación que leva música, teatro,  danza, maxia e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.

Galego

O que hai que ver!

'O que hai que ver!' é unha combinacion dalgúns do mellores sketchs da historia de Fulano, Mengano e Citano, con outros de nova creación aos que se lle engaden unha serie de cancións orixinais cargadas de ironía, que crean, en conxunto, un 'todo' variado, dinámico e sorprendente, seguindo a liña de humor que caracteriza á Compañia.

Galego

Canta connosco!

En ¡Canta connosco! combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas. Os temas que se tratan entre outros son: o coidado das mascotas; o consumismo na compra de xoguetes; a lectura como pracer fronte á TV e ós videoxogos; a importancia da imaxinación; o xogo do teatro; cancións que axudan a estudar; etc.

Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: "Dime que fixeches", "O esqueleto", "O libro máxico", e "Ai, Patín".

Galego

O Camiño de Santiago

Esta é a historia de dous irmáns: Santiago e Peque. É a aventura que emprenden para aprender a verse, e escoitarse de verdade, a aceptar ao outro tal e como é, coas súas virtudes e defectos. É un camiño desde o egoísmo cara á solidariedade e á tolerancia. Santiago e Peque aprenderán a apreciarse e quererse como irmáns, cantando e bailando ao son da música orixinal do espectáculo.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño