A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Os nenos e nenas pequenos poden ter medo á figura do pallaso, por iso Lolo irá caracterizándose de clown diante deles pouco a pouco dun xeito didáctico e moi divertido con elementos que sacará da súa maleta: perrucas, traxe, zapatos, maquillaxe, nariz,…
Maxia en Familia é un espectáculo de maxia pensado para todos os públicos, baseado na diversión, sorpresa, misterio e emoción.
Mago Marco mestura todos estes ingredientes tendo como expecialidade as Ilusions con animais, a maxia con areas de cores, a levitacion de obxetos, a guillotina máxica, aros chineses, escapismo...
Este espectáculo forma parte do programa Cultura no Camiño que leva músia, teatro, danza, novo circo... polos concellos onde discorren as rutas xacobeas,
Deimi é un mago do Ribeiro que leva anos movendo os seus espectáculos por todo Galicia actuando tanto para público infantil como adulto. Un mago total que ademais de tocar a parte máis divulgativa da profesión, ten unha gran técnica e un interesante repertorio de números. Interacciona moito e ben co público grazas á súa simpatía e ao recurso constante do humor.
OBRADOIRO DE MAXIA
Pensado para nenos pero no que tamén poden participar os pais.
Espectáculo fusión entre dous artista Daniel Polo e o seu mestre o Mago Rafa.Un traballo enfocado aos nenos con novos e sorprendentes efectos máxicos: manipulación de bolas, aros panos... acompañados de moito humor.
Historia de dous bufóns, Fulano e Mengana, que farán o tradicional conxuro da queimada. Mentras tanto, estes bufóns fan rir polo seu enxeño, as súas grazas ou as súas desgrazas a todo aquel camiñante que atopan no seu camiño.
Gonçalo Guerreiro mestura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.
Un espectáculo interactivo, onde as figuras feitas en cartón cobran vida e onde os cativos poden entrar na casa da avoa dos contos para escoitar as súas historias.
Espectáculo que formar parte da programación Cultura no Camiño que leva música, danza, teatro, novo circo e maxia polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.
Neste espectáculo no que se mesturan a maxia, o clown e os monicreques Mandarina fará que grandes e pequenos se sorprendan e rían con xogos de maxia cómica e a aparición do seu malhumorado paxaro, Rigoberto.
Mandarina é unha personaxe moi potente que une a ironía e a intelixencia do mago co despiste, a inocencia e o amor polo público do pallaso nun cóctel realmente explosivo.
Historias de Vida, Amor, Guerra e case Morte é unha fermosa proposta a medio camiño entre a narración oral e o teatro con música ao vivo.
Ao longo de varias historias recollidas de experiencias reais, Dabopapipa cóntanos historias dos nosos maiores que reflicten dun xeito agarimoso e divertido a realidade na que vivían.
Historias de amor, de emigración, de reclusión, guerra e amor contadas desde a tenrura e a emoción nunha proposta que arranca bágoas, lembranzas e sorrisos.
Ruactiva é un novidoso e aberto formato de gala de circo e humor, onde están representadas unha selección das mellores compañías galegas do momento.
A gala de circo consta de varias actuacións de música ao vivo; acrobacias aéreas, trapecio, corda, teas; clown e maxia; teatro de rúa e humor.
En resumo, hora e media de circo, maxia, malabares, música e moito humor cunha escolma das mellores compañías de teatro e circo galegas.
Luis Iglesia B. e Xabier Deive dan renda solta ao seu lado máis salvaxe e divertido e presentan SEDE DE MAL unha comedia a 12 cordas sobre o lado escuro da vida…
Sinónimos e sinónimas estes dous anónimos quedaron sen vacacións para ofrecerlle o seu público unha comedia da vida, unhas ensinanzas evanxélicas, un ”leit motiv” para non ser un pinpin!!!
Humor, teatro, música ao vivo con blues e rock and roll "á galega" con dúas das personaxes máis importantes da escena galega dos últimos anos.