Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Os casos de Sherlock Holmes

O famoso detective Sherlock Holmes tentará resolver outro emocionante caso. As xoias da Mansión dos Patterson foron roubadas. Sospéitase de todo o personal que traballa na casa, de todo aquel que estivera polas cercanías da Mansión o día do roubo. Coa axuda do público o famoso detective tentará descubrir ao culpable e recuperar as xoias.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

O cabaret máxico

O patrón dun circo no que xa non traballa ninguén debido á escasez de medios e á crise, verase na obriga de parodiar a todos os artistas do show para levantar o espectáculo. Pero, para desconcerto do público, as cousas iránse complicando ó longo do transcurso da representación.

Galego

Contos nas orellas

  • Contos de risa, trasnos e carapuchiñas. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no noso maxín, entraremos no mundo da fantasía e da imaxinación...

    "Contos nas orellas" engloba cinco sesións diferentes para escoller, cada unha delas arredor dun tema: a diversidade, O Nadal, a risa, a tradición oral e os primeiros contos para bebés. Ditos, cancións e pequenos xogos tradicionais salpican todas as sesións, que teñen como finalidade o gozo da literatura por parte dos pequenos/as.

Galego

Método Cardiofónico

O novo espectáculo musical de Germán Díaz está baseado nos ritmos de latexos do corazón que o doutor Iriarte gravou nos anos corenta e editou en vinilo co nome de Método Cardiofónico. Tomando como base estes latexos, crea un universo sonoro único cos instrumentos mecánicos que utiliza e que len os cartóns perforados nos que Díaz escribe as melodías. O playasax, a rolmónica cromática, o órgano de barbaría e a caixa de música, únense á manivela da zanfona, e á gravación de loops en directo para camiñar entre a improvisación e a rixidez dos cartóns perforados.

 

Galego

Laia, aprendiz de maga

Unha visión optimista da vida, que amosa que con esforzo e confianza nun mesmo se pode conseguir aquilo que realmente desexamos. A obra trata das relacións entre avos e netos, dende a visión da protagonista, Laia, unha nena de 7 anos. Un espectáculo que mestura teatro musical, maxia cómica, animación musical e a constante participación do público.

Galego

Novo Feitizo

  • Espectáculo que  mestura a sorpresa, o humor e a participación do público, percorrendo os diferentes estilos na arte da ilusión.

    Feitizo é o conxunto de prácticas destinadas a conseguir un efecto máxico ou extraordinario.

    Quen non soñou con dominar elementos intanxibles como o fume, ou adiantarse ao pensamento de alguén, ou trocar de cor as cousas.

Galego

Babamor

 

 

Nesta ocasión Babamá ven de recoller miles de historias que nacen en moitas familias cheas de amor.

En Babamor hai familias grandes e pequenas, familias diversas envoltas en tonaladas de cariño.

Ollos que miran a outros ollos, cóxegas e paseos por xardíns de bolboretas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño