Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Onde está o mago Antón?

Esta nova produción do Mago Antón supón unha volta ás súas orixes nas artes escénicas cun espectáculo caracterizado pola recuperación dalgún número dos inicios da súa carreira (entre outros a ventriloquía coa presenza do seu boneco, o labrego Facundo) e a incorporación dalgunhas das súas últimas e anovadoras creacións nas distintas especialidades máxicas: aparicións, desaparicións, levitacións, transformacións, mentalismo, manipulacións, cartomaxia…
Máis dunha hora de espectáculo concibido para todo tipo de público.

 

Galego

A feira máxica do Mago Teto

Unha carpa recrea un posto de feira de mediados do século XX ,

coas súas lámpadas de luces e bandeirolas de cores. Un espectáculo

de rúa de maxia personalizada e íntima xa que os propios

espectadores elixen que xogo queren ver entre máis de 200

efectos de maxia. É un espectáculo de proximidade, de distancia

curta, xa que as mans do mago sitúanse a menos dun metro

do público.

Ademais, é un espectáculo no que a maxia se fusiona coa

sétima arte. Cada xogo de maxia, está relacionado cunha película

Galego

Aberte Contador

Como o ciclista, efectivamente. Até aquí o único en común entre Alberte e o de Pinto. O nome. Un xogo de palabras "enxeñosirmo" que dá título a este novo espectáculo do monologuista galaico-català.
Alberte fala de ciclismo, das sestas que bota vendo o Tour. De dopaxe, a que hai no ciclismo e a que hai en San Fermín, e tamén da súa relación co deporte, relación parecida á que Superman ten coa kriptonita.

Galego

Maxia de aquí e acolá

Maxia de aquí e de acolá é o resultado dunha mestura entre maxia, comedia e improvisación, onde a participación do público está presente en todo momento. Unha escenificación máxica versátil e áxil que transmite habilidade e enxeño usando elementos cotiáns e tradicionais, como un ovo, unha corda, unha mesa, froitas,... elementos que poden emerxer da nada, esvaecerse, levitar ou trocar de aparencia.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

O fabuloso mundo do mago Romarís

Un espectáculo de maxia que xira arredor das ilusións ópticas.

As ilusións ópticas son de natureza máxica pois a súa esencia é os nosos ollos ven unha cousa e a nosa mente di outra completamente diferente. O Mago Romarís busca amplificar o efecto que producen no espectador coas súas Fabulosas Presentacións sobre como chegaron a el estes incribles fenómenos.

Esta actuación forma parte de Cultura no Camiño, que leva música, teatro, danza e novo circo polos concellos onde discurren as rutas xacobeas.

Galego

Galego pode selo calquera

Ser galego é doado? Depende.

Os galegos temos un xeito de ser característico e diferenciado doutros pobos e culturas que nos rodean. Historicamente teñen empregado os tópicos para ridiculizarnos e mofarse de nós, feito que explicaría en parte que arrastremos algo de autoxenreira. Eses tempos foron pasando e agora xa somos quen de defendernos con orgullo dese estigma, combatendo aos ignorantes, ríndonos dos propios defectos e chufando das nosas diferenzas.

 

Galego

Historias dun ilusionista

Un espectáculo novidoso para que toda a familia goce. As historias máis divertidas e a maxia máis elegante mestúranse neste espectáculo para crear un ambiente espectacular.
Que mellor que facer rir e facer maxia á vez? 

Noventa minutos cheos de ilusións, risas, participación do público e unha coidada escenografía. 

Esta actuación forma parte da programación de Cultura no camiño que leva música, maxia, teatro, danza e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.

Galego

Pistactiva: combinado de circo galego

O elenco de compañías e artistas que forma parte do Pistactiva é o mais destacado do Novo Circo Galego: como é o caso de Circo Expreso, Os Sete Magníficos máis Un, Roi Sixto, Trasno, Fredi ou Peter Punk, entre outros.
O espectáculo PISTACTIVA está formado por un espectáculo dobre para todos os públicos, de 90 minutos de duración, que engloba un pase de clown - malabares e outro de novo circo (acrobacias e/ou aéreos) a cargo de dúas das compañías que figuran no elenco.

 

Galego

I+D+I (ilusión+diversión+imaxinación)

É un moderno espectáculo cheo de Ilusión + Diversión + imaxinación interpretado por un dos máis xóvenes talentos no mundo de la Magia. Con tan só 18 años, Daniel Polo, en I+D+i crea unha viaxe polas diferentes facetas do ilusionismo como ol mentalismo, maxia de cerca, manipulación, escapismo, etc. . Aquí cada número está pensado para todos os públicos, para que cada espectador poida ilusionarse y disfrutar coa arte da Maxia, xa sexa uñn neno ou adulto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño