Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Poeticlub

Poeticlub é un espectáculo de cabaret que trata sobre economía.

Poemas, cancións e confesións entrelázanse para ofrecer ao público un desvergoñado espectáculo onde a actualidade se toma con moito humor.

Iria Pinheiro e Jesús Tejada reciben aos espectadores no seu particular salón de variedades para lograr en conxunto a gran evasión.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

O turista madrileño

Interpretado maxistralmente por Evaristo Calvo, O turista madrileño é unha creación de Zopilotes, trío composto polos guionistas Andrés Mahía, Carlos Ares "Parrocho" e Xosé Castro "Pato", artífices de AIR GALICIA, programa de humor emitido durante varias tempadas na Televisión de Galicia e gañador do Premio Mestre Mateo á mellor serie do audiovisual galego en 2008.

Galego

Perto de ti

Este é o nome do espectáculo de maxia de cerca do mago Teto. Pequenos obxectos que fan posibles grandes milagres: cartas que toman vida nas mans do mago, moedas que danzan entre os dedos, navallas que cambian de cor cunha soa mirada,son algunhas das cousas que poden presenciar nesta hora de maxia en estado puro.

Galego

Pesdelán. Na punta do pé

Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia.

 

 

 

Galego

Os tres porquiños

  • Paulo Medal (Explorador)
  • Martiña Villar (Porquiño Pequeno)
  • Susana Martínez (Porquiño Mediano)
  • Andrés Viana (Porquiño Maior)
  • Mariña Río (Lobo Feroz)

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?

Galego

O paporrubio na granxa

Autor e dirección: Luchi Iglesias

 

Espectáculo cómico musical con monicreques, moi participativo e lúdico.

É día de festa e o Paporrubio chega a granxa cargado de xogos e diversión para  tódolos presentes: nenos, animaliños  e monicreques.

Pero este paxariño non será quen de alimentar el só a porcos e porcas, pitos e pitas,  ratos e ratas … precisará a axuda de tódolos nenos!

Cunha posta en escena moi coidada e artesanal, e contando sempre coa interactuación do público,  Luchi Iglesias fará que os cativos sexan os protagonistas deste espectáculo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño