Vivan os nenos!
- O grupo La Guagua por fin ve cumplido o seu soño: que tódolos nenos e nenas poidan disfrutar das súas cancións a través do espectáculo musical participativo ¡Vivan los niños!
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Circo, malabares e humor para todos os públicos
O instinto cómico de José Manuel Rodríguez, máis coñecido como Isi, permaneceu durante anos agochado no ámbito doméstico natal até que un bo día gañou o televisivo concurso de chistes O Rei da Comedia. Desde entón, milleiros de espectadores poden gozar na televisión ou nos escenarios da arte de Isi para convertir os momentos cotiás en memorables anécdotas coas que escachar da risa. As historias sobre a súa particular familia con tres nais e sobre os seus histriónicos veciños e o falar rápido e nervioso son a súa especialidade, sen esquecerse dos mellores chistes de sempre.
Un espectáculo onde a maxia existe realmente. É un cóctel formado polo humor e as situacións cómicas e divertidas, pola participación do público como improvisados axudantes e a música seleccionada para crear un ambiente moi máxico, dando lugar á creación de verdadeiros milagres.,
'Su mente viajaba a lugares que no debía y fugaba de sí en un miedo incontrolable a la risa de otras personas. Cuando la libido se encuentra mal encauzada, encarna la temporalidad, puede llegar a ser violenta y generalmente invade, de neblina espesa, al entorno'.
| artes del movimiento |
crea e baila_ jm
luz_ octavio más
vestiario_ manolo cremallera
espacio e son_ jm
residencia anual e grupo de espectadores_ Teatro Rosalía A Coruña
Isla Le triska presenta este delirante espectáculo no que combina disciplinas de novo circo (malabares, pallaso, equilibrios...) con excentricidades e xogos co público.
Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprende a todos realizando proezas como: malabares incribles, memorizar centos de nomes, darlles novos usos a obxectos cotiáns, pelexar co público ou transformar a un neno nun grande artista de circo.
É unha obra de monicreques, sombras chinescas e contos falados. Nela Xulian contalle historias da sua vida o seu filliño Chinchin. Un bebe que desperta o mundo. As historias de Xulian que os mais pequenos soñen e aprendan os misterios da vida.
Este espectáculo forma parte da programación de Cultura no Camiño, que leva teatro, música, danza e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.
O carteiro é unha persoa moi curiosa que ademais de percorrer as rúas de casa en casa aproveita para coñecer a historia de cada rúa, dos seus nomes, das súas efemérides... e sobre todo as dos grandes autores, autores en lingua galega, para compartilas co público. Unha forma de coñecer a Rosalia de Castro, Castelao, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro...
Formado por Mig Seoane (voz e guitarra), Nacho Muñoz (voz e teclados) e Suso Feixón (batería), este trío vigués é dificil de encasillar: grandes dosis de postpunk, funk, rock progresivo, electro, techno... aínda que tamén introducen elementos da musica clásica do sXX como o serialismo e a improvisación. As letras recordan o dadaismo e utilizan a prosodia da voz como elemento compositivo . A posta en escea é tremendamente eufórica, non queda un minuto para o descanso, os corpos bailan e sudan electrizados. Enormes doses de interación co público e muito humor.
Depois de moitos anos de bagaxe quixemos voltar á fonte limpa, revisamos o pasado para escribir o futuro, dende unha nova óptica, este disco é produto das nosas inquedanzas, de novas experiencias, da madurez. Cada un de nós é parte do carro e fai que sone de novo o eixo, seguido dun miudiño son de inveteradas borracheiras, o betoque que suxeita a lamia, que suxeita a roda, que suxeita o carro...