Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Budiño en concerto

Budiño presenta un novo single acompañado dun novo espectáculo cun formato novedoso de banda, incorporando voces femininas, electrónica e tendo a percusión tradicional e a gaita como grandes protagonistas do espectáculo.

Os tempos son chegados. Budiño está de volta tras tres anos de silencio discográfico cunha pandemia de por medio. E non chega de calquera xeito. ‘Muiñeira da Lúa’ e a súa tarxeta de presentación e toda unha declaración de principios respecto ao que está por vir.

Galego

KeTKjas

Un espectáculo divertido para toda a familia, en especial para os máis pequenos e pequenas, que lle dará unha volta de rosca ás rutinas máis cotiáns do baño. 

O aseo matutino pode converterse nunha auténtica odisea, si as fai o pallaso Pico, desde unha perspectiva escatolóxica chea de humor e tenrura.

 

 

Galego

Sesión de contos

Andrea Bayer conta cunha ampla variedade de contos, que presenta en diferentes formatos: contos dramatizados, contos de libro, contos con obxectos...

As sesións pódense adaptar ás idades dos nenos/as.

 

Galego

Os novos músicos de Bremen

Inspíranse nos catro personaxes do conto popular, pero a historia vai por outros derroteiros narrativos coa aparición doutros que fan que os nenos e as nenas empecen a familiarizarse con determinados conceptos musicais. O obxectivo primordial é criticar o abandono animal e concienciar que as mascotas da casa forman parte das nosas vidas, como un membro máis da familia. Os temas cantados en directo son un vínculo entre a historia e os pequenos e pequenas. Ademais, descubrirase a algunha futura estrela da canción, a través dunha selección de cantantes nun momento da representación.

Galego

Que bonito é Panamá!

Os nenos e nenas gozan dun espectáculo baseado na amizade, no contacto coa natureza e no gusto polas pequenas cousas.
 

Esta actividade inclúese en Cultura no Camiño, programa coordinado por Turismo de Galicia e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) para levar música, teatro, danza, maxia, obradoiros para nenos e nenas... nas vilas radicadas en distintas rutas xacobeas.

Galego

Pepiña Maruxiña quere voar

Contacontos baseado nunha tradicion popular de cartarlle a Maruxiñas para que voen. Pepiña busca polo xardín alguén que lle axude a voar, vai coñecendo os diferentes insectos que o habitan. Mistura a música e diferentes personaxes creados son distintos elementos elementos: globlos, escuma, Unha historia chea de tenrrura e diversión.

 

Galego

Un día de praia

Unha posta en escensa que mestura trapecio, corda e hula-hoops con humor e amor. Un espectáculo moi visual e cunha bonita estética. 

Esta actividade inclúese en Cultura no Camiño, programa coordinado por Turismo de Galicia e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) para levar música, teatro, danza, maxia, obradoiros para nenos e nenas... nas vilas radicadas en distintas rutas xacobeas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño