Pan!Pan!
PAN!PAN! conta a historia de Harry, un cowboy americano que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado. A través da aventura deste antiheroe, redescubriremos ese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais.